You can always press Enter⏎ to continue

FORMULARIO DE INSCRICIÓN CASA XOHANA TORRES

Formulario de inscrición para asistir a actividades realizadas na Casa Xohana Torres do Concello de Santiago de Compostela
  • 1
    Descarga o programa en formato PDF e pulsa en "seguir" para inscribirte nas actividades
    Press
    Enter
  • 2

    PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO MES DE OUTUBRO NA CASA XOHANA TORRES

    Desde a Casa Xohana Torres queremos convidarte a participar nas actividades organizadas durante o mes de ​OUTUBRO:

    • Venres ​2 de outubro - 18:00 - CHARLA Partería e maternidade: unha viaxe entre culturas, promovida por Asociación Galega de Matronas (AGAM)​. Máis info nas redes sociais de Asociación Galega de Matronas. Inscricións no formulario de AGAM: 
      https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdTF6jB_7B-aCFMh2GL6b5tLZhrcpYy3nCrYbFAlrM4AxzxNw/viewform?pli=1
    • Xoves ​8 e venres 9 de outubro - 10:00 a 13:00 - FORMACIÓN para profesionais do ámbito sociosanitario: Dereito á saúde. Persoas migrantes en situación de risco ou exclusión, promovida por MÉDICOS DO MUNDO. Inscricións no formulario de Médicos do Mundo:
      https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=m7tLEPL98Eaf97jpAaEexcb3fN_EoENDsvEEXm1tYUZUM1dDNVhCMDVWUjVGTTlMUFNPWUpOS1RVMS4u&route=shorturl
    • Mércores 14 de ​outubro - 18:00 a 20:00 - OBRADOIRO "Danza para corpos acomodados", con Elsa Pereira, bailarina e monitora de ioga especializada na investigación das artes do movemento e na exploración do corpo como espazo de creación. Obradoiro de danza e movemento consciente para reconectar co propio corpo, explorar novas formas de expresión e favorecer o benestar e o autocoidado, nun espazo seguro, inclusivo e libre de xuízos, respectando os ritmos, capacidades e diversidade corporal de cada persoa.
    • Martes 20 de outubro ​- 18:00 a 20:00 -​ OBRADOIRO "Acuarela consciente", con Leidy Silva, artista visual e facilitadora de procesos creativos con experiencia en obradoiros de acuarela consciente orientados ao benestar emocional. Segunda edición deste obradoiro práctico de acuarela no que se explorará o uso da cor e da auga como ferramentas de expresión e calma, a través de exercicios guiados e creación libre, sen necesidade de experiencia previa.
    • Mércores 28 de outubro- 1​9:00 a 2​1:00 -​ OBRADOIRO​ "Como deixar de procrastinar" con Estrella Rebordelo, coach certificada, doutora en endocrinoloxía e fundadora do proxecto de acompañamento e divulgación de saúde mental Investiga tu mente. Obradoiro práctico para comprender que hai detrás da procrastinación e adquirir ferramentas para afrontala, explorando a súa relación coa autoesixencia, a síndrome da impostora e o sentimento de culpa, e prestando especial atención á influencia dos mandatos de xénero.

    Estas actividades son gratuítas e desenvolveranse de forma PRESENCIAL na Casa Xohana Torres. A inscrición pode realizarse a través deste formulario. 

    Para MÁIS INFORMACIÓN podes consultar o programa adxunto ou contactar no teléfono 608 710 978 e no correo electrónico: casaxt@santiagodecompostela.gal

    Press
    Enter
  • 3

    O tratamento dos datos de carácter persoal que se facilitan voluntariamente no formulario para a INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES DA CASA XOHANA TORRES suxeitarase ao establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos persoais solicitados serán tratados coas medidas de seguridade necesarias de acordo co previsto no artigo 9 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e o Título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.

    Así mesmo, garantirase a confidencialidade dos datos e non se comunicarán a terceiros fóra dos casos necesarios para xestionar os servizos proporcionados, así como os previstos na normativa vixente, non podéndose utilizar, en ningún caso, para fins comerciais. Calquera persoa poderá exercer en calquera momento o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos persoais, na forma legalmente prevista, presentando unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello, segundo o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (a oficina principal do Rexistro Xeral atópase en Presidente Salvador Allende 4 baixo, 15705, Santiago de Compostela).

    Press
    Enter
  • 4
    Press
    Enter
  • 5
    Press
    Enter
  • 6
    Press
    Enter
  • 7
    Press
    Enter
  • 8
    [neste formulario só aparecen as actividades nas que é necesaria inscrición]
    Press
    Enter
  • 9
    Press
    Enter
  • 10
    Press
    Enter
  • 11

    Moitas grazas por cumprimentar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

    Preme "Enviar" para rematar.

    Press
    Enter
  • Should be Empty:
Question Label
1 de 11Mostrar TodosGo Back
close