Language
  • Galician
  • Matrícula 2022-2023

    O prazo de matrícula comeza o 1 de xuño ás 09:00 para o alumnado que xa cursou estudos connosco e o 13 de xuño para o resto de persoas interesadas. Por favor, cubra os campos que aparecen a continuación

  • Matrícula para novo alumnado

    O proceso de matrícula para o novo alumnado comeza o luns 13 de xuño. Por favor, cubra os campos que procedan
  • Ademais de matricularse na escola, pode tornarse socio da Asociación Músico Crisanto.

    • Se está empadroado nun dos nosos concellos (Rábade, Begonte, Outeiro ou Friol), pode colaborar coas nosas actividades cunha pequena cota (a partir de 20€/ano). 
    • Se non é veciño dun destes concellos, facerse socio (40€/ano, cobrados a partir de 2023) daralle acceso á mesma tarifa reducida da que dispoñen as persoas empadroadas.
  • Prema na categoría que desexe para ver a oferta de materias correspondente

    • Instrumentos (materias individuais)  
    • Infantil  
    • O alumnado que xa cursou Música e Movemento en cursos anteriores deberá seleccionar o grupo que lle corresponde na ligazón que se mencionou en pasos anteriores nesta mesma páxina. (Ou abrindo esta ligazón nunha xanela diferente do navedador https://musicocrisanto.com/grupos-de-linguaxe-musical-2022-2023/ ).

    • Agrupacións  
    • Outras materias grupais / teóricas  
  • Linguaxe Musical

    Indique o grupo de Linguaxe musical que lle corresponde
  • Os grupos de Linguaxe Musical son fixos e obrigatorios para todos os inscritos nun instrumento, a menos que xa estean inscritos en Música e movemento ou xa recibisen a mesma formación noutro centro. O novo alumnado maior de 8 anos entrará en "Linguaxe Musical Básica 1A (Venres de 18.00 a 19.00 na Escola de Robra, Outeiro) ou 1B (Martes de 16.30 a 17.30 no Colexio de Friol).

    O resto de alumnos deberá seleccionar o grupo que lle corresponde na ligazón que se mencionou en pasos anteriores nesta mesma páxina. (Ou abrindo esta ligazón nunha xanela diferente do navedador https://musicocrisanto.com/grupos-de-linguaxe-musical-2022-2023/ ).

     

    Seleccione o grupo de Linguaxe que lle corresponda (ou un motivo de exención):

  • Aceptación de tarifas e condicións

    As nosas tarifas non se modificaron, son as mesmas que as do curso anterior. Ademais, segundo a lexislación vixente, debemos preguntar se aceptas o uso que facemos da imaxe e dos datos do alumnado, que obviamente só se empregarán para os fins didácticos e divulgativos das nosas Escolas e nunca con ningún outro obxectivo.
  • RESUMO DAS TARIFAS (empadroados e socios):

    Matrícula: 12€

     

    1h individual (+1h Linguaxe): 60€/mes

    Media hora individual (+1h Linguaxe): 40€/mes

    1h compartida entre 2 (+1h Linguaxe): 40€/mes

    1h compartida entre 3 (+1h Linguaxe): 25€/mes

    Clases grupais (4 ou máis persoas): 20€/mes

    Coro: 17€/mes (sen prezo de matrícula)

    Agrupacións: 2€/mes [Non serán acumulables, no caso de asistir a máis dun destes, só se aboará o primeiro en que se inscriba. As persoas participantes xa aptas para as actuacións públicas externas (fóra das audicións escolares) estarán exentas desta cota].

  • Se tivese algún problema con algunha das tres condicións, non dubide en contactar coa Asociación.

  • DESCONTO POR FAMILIA NUMEROSA

  • Escolla da proposta de horarios individuais

    Faga a súa proposta de horarios para as materias que escolleu. Na maioría dos casos, os tramos son de MEDIA HORA. Teña en conta que, para reservar unha clase dunha hora, terá que seleccionar DOUS dos tramos. Se non queda ningún horario libre, envíe o formulario igualmente apuntándose en "Lista de espera". Contactaremos con vostede para posibles ampliacións.
  • Para percusión, só é posible escoller tramos de media hora na primeira hora do venres. No resto, só pode escoller tramos dunha hora completa.

  • Os horarios individuais de Improvisación organizaranse máis adiante en función da demanda. Pode indicar a súa preferencia horaria no campo "indique algún horario alternativo"

  • A Proba de Instrumentos organizarase ma principios de curso para que o alumnado coñeza os instrumentos que pode escoller. De momento, pode indicar a súa preferencia horaria para as futuras clases no campo "indique algún horario alternativo"

  • Listo! Este é o final do formulario de matrícula.

     

    Se ao premer "enviar" ocorre un erro, o máis probable é que un dos horarios que escolleu xa estea reservado. Por favor, revíseo e escolla outro horario que estea libre.

    Lembre tamén que o campo é obrigatorio cubrir o campo "Indique algún(s) horario(s) alternativo(s).

  • Should be Empty: