Dende o Concello de Santiago de Compostela vense de iniciar un proceso de revisión e actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), aprobado no ano 2011. Co fin de que este plan estea adaptado á nosa realidade de cidade, impulsamos un proceso de participación pública a través do cal a cidadanía en xeral e os axentes cunha implicación directa en materia de mobilidade en particular, conten con diferentes vías de participación.
Un destes espazos constituirannos os Encontros Participativos Temáticos que serán celebrados durante os meses de marzo e abril. Estes encontros terán un carácter eminentemente participativo, contando con diferentes dinámicas nas que se debaterá ao redor de necesidades, retos e propostas en relación ao ámbito temático correspondente. Serán celebrados en modalidade telemática e versarán sobre as seguintes temáticas nas datas que se recollen a continuación
- Mobilidades brandas e activas: peón, bicicleta e VMP. Mércores 29 de marzo, ás 17:00h
- Transporte público: autobús, tren e taxi. Mércores 12 de abril, ás 10:00h
- Tráfico, estacionamento e distribución de mercadorías. Mércores 19 de abril, ás 17:00h
- Medio rural e Área Metropolitana. Mércores 26 de abril, ás 10:00h
Se desexas participar, podes realizar a túa inscrición a través do presente formulario. Proximamente serache facilitado o enlace de acceso á videorreunión a través do correo electrónico que nos indiques.
As dúbidas ou consultas serán resoltas a través do correo electrónico pmus.santiagodecompostela@gmail.com ou por vía telefónica no número 604.025.160.