A Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrará o DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA o vindeiro 2 de outubro, ás 17:30h, na Praza da Feira da Estrada, proxecto de rvr arquitectos, en colaboración co Concello da Estrada.
Durante o acto a celebrar ese día, realizarase unha visita guiada pola Praza da Feira, Rúa Ulla e a súa contorna, tamén se realizará unha conferencia impartida por rvr arquitectos, autores do proxecto e unha lectura dun Manifesto, intervirán as autoridades e descubriremos unha placa conmemorativa. Finalizaremos a xornada cuns petiscos.
En colaboración co Concello da Estrada disporase dun autobús, do que poderán facer uso todas as persoas interesadas en asistir á visita, que sairá ás 16:30h desde a Praza de Galicia en Pontevedra, tendo previsto o seu regreso ás 20:30h.