Xa remataches a inscripción! En canto recibamos este formulario poñeremonos en contacto contigo para concretar os horarios definitivos das túas aulas, que dependen da disponibilidade do profesorado e do quórum necesario para formar un grupo.
O pagamento das aulas é mensual e invariable, independentemente do número de clases ao mes. Ainda que haxa meses con menos días de clase, ao final do curso a media é de 4 clases por mes. Dende o Tambor Colectivo tomamos esta decisión porque pensamos que o profesorado debe poder cobrar unha cantidade fixa todos os meses (de igual forma que o aluguer ou as facturas chegan igual todos os meses, haxa vacacións ou non).
Na escola do Tambor Colectivo respeitamos o Calendario Escolar de Galicia, excepto pola semana do Entroido na que SÍ damos clase. Esto facémolo para equilibrar o número de días por mes e acadar a media aproximada de 4 clases ao mes ao final do curso.
O pagamento das aulas realizarase os primeiros 7 días de cada mes, en forma de transferencia bancaria á nosa conta da Asociación:
ABANCA ES50 2080 1194 6430 4001 0716
Concepto da Transferencia: Nome d@ alumn@ + Asignatura/as + Mes
No primeiro pagamento que se realice, ademais do prezo mensual da(s) asignatura(s) deberase sumar o prezo da cota anual de socio.
De todolos xeitos, tanto o calendario como as indicacións e datos para o pagamento serán enviadas para vos vía e-mail. Non perdades ese correo!
Moitas grazas!