INSCRICIÓN Á FORMACIÓN
No marco do Protocolo "Troula Segura", impartirase unha acción formativa inicial para a aplicación do mesmo, dirixida aos axentes de ocio do municipio de Santiago de Compostela. A superación desta acción formativa é requisito obrigatorio para formalizar a adhesión do espazo.
Por tanto, esta formación está dirixida ao persoal responsable e traballador dos espazos de ocio interesados en adherirse ao Protocolo, co fin de formalos na aplicación do mesmo.
Así mesmo, a formación será impartida, tanto en modalidade presencial como online, nas seguintes datas:
- ONLINE - 1ª Edición - Do 1 ao 21 de abril - COMPLETADA
- PRESENCIAL - 16 de abril, de 10h00 a 14h00, en Santiago de Compostela - COMPLETADA
- ONLINE - 2ª Edición - Do 29 de abril ao 19 de maio - COMPLETADA
- ONLINE - 3ª Edición - Do 27 de maio ao 16 de xuño - COMPLETADA
- ONLINE - 4ª Edición - Do 24 de xuño ao 14 de xullo - COMPLETADA
- ONLINE - 5ª Edición - Do 4 ao 25 de setembro - COMPLETADA
- ONLINE - 6ª Edición - Do 30 de setembro ao 21 de outubro - COMPLETADA
- ONLINE - 7ª Edición - Do 4 ao 25 de novembro - DISPOÑIBLE
No momento de realizar a inscrición, cada persoa poderá escoller a data e a modalidade que prefira.
En ambos casos, trátase dunha formación de, aproximadamente, 4 horas de duración. No caso da formación presencial, concéntrase nunha xornada de mañá, cunha pequena pausa, mentres que no caso da formación online, a persoa pode distribuír os tempos segundo a súa preferencia dentro do prazo da edición escollida.
A continuación, poderás inscribir a todas as persoas responsables e traballadoras, vencelladas ao espazo, que queiran participar nesta formación inicial.