Por terceira edición, o Concello das Pontes organiza as Xornadas Micolóxicas "As Pontes, Terra de Cogomelos", co fin de potenciar a actividade micolóxica e micofílica na nosa bisbarra. Nesta ocasión, a iniciativa desenvolverase por primeira vez durante os meses da primavera, pero perseguirase os mesmos obxectivos que nas edicións anteriores, que as persoas interesadas nos fungos e cogomelos poidan gozar con actividades que promoven o coñecemento dos diversos aproveitamentos medioambientais, culturais, gastronómicos e económicos destes recursos naturais.
O programa está conformado por diversas actividades de balde e abertas a diversos públicos, nas que é imprescindible a inscrición previa a través do presente formulario.
Cóntase con prazas limitadas. Cada participante deberá enviar unha única solicitude de inscrición, enchendo unha soa vez este formulario. Os menores de idade deberán vir acompañados dun representante legal. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir este formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte da organización a través do correo electrónico.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. No caso de non poder acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poida asistir ás xornadas.
O programa inclúe as seguintes actividades:
- FALADOIRO. Inventariado dos cogomelos do Monte Forgoselo. Venres 1 de marzo, ás 18:30. Na Casa da Cultura Doutor Dopeso. Imparte: Ángel Lorenzo (Asociación EuroEume). XA CELEBRADO
- FALADOIRO. O xénero Cantharellus. Venres 15 de marzo ás 18:30. Na Casa da Cultura Doutor Dopeso. Imparte: Jose Castro (Sociedade Micolóxica Lucus). XA CELEBRADO
- SAÍDA AO MONTE PARA PÚBLICO ADULTO. Identificación de flora e fungos primaverais. Sábado 23 de marzo ás 10:00. Visita ao Monte Forgoselo. A visita será guiada por Hugo Fernández, técnico do Laboratorio de Micoloxía de MycoGalicia Plantae, Universidade de Vigo. XA CELEBRADO
- SAÍDA AO MONTE PARA PÚBLICO ADULTO. Un paseo polo mundo dos liques. Sábado 6 de abril ás 10:00. Visita ao Parque da Fraga-Encoro da Ribeira. A visita será guiada pola pontesa Graciela Paz (Universidade de Vigo). XA CELEBRADO
- OBRADOIRO DE GASTRO-MICOLOXÍA PARA PÚBLICO INFANTIL. Mércores 10 de abril, de 18:00 a 19:30. A actividade realizarase no Restaurante Hume co cociñeiro Ismael Esteban Galiana. XA CELEBRADO
- FALADOIRO. Cogomelos de interese etnomicolóxico. Venres 12 de abril ás 18:30. Na Casa da Cultura Doutor Dopeso. Imparte: José María Costa Lago (Asociación Micolóxica Naturalista Pan de Raposo). XA CELEBRADO
- ROTEIRO EN BICICLETA. Identificación de cogomelos primaverais. Sábado 20 de abril ás 10:00. Visita á Entulleira-Zona de Restauración de Goente. A visita será guiada por Luis Cuba (divulgador e youtuber micolóxico). XA CELEBRADO
- OBRADOIRO DE GASTRO-MICOLOXÍA PARA PÚBLICO ADULTO. Mércores 24 de abril, de 20:00 a 21:30. A actividade realizarase no Restaurante Hume co cociñeiro Ismael Esteban Galiana. XA CELEBRADO
- FALADOIRO. Presentación da Nova Guía de Setas de Galicia. Venres 26 de abril ás 18:30. Na Casa da Cultura Doutor Dopeso. Imparte: José Manuel Castro Marcote (Asociación Micolóxica Naturalista Pan de Raposo). XA CELEBRADO
- SAÍDA AO MONTE PARA FAMILIAS. Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico. Sábado 27 de abril, de 10:00 a 14:00. A visita será guiada por Rubén Villasenín e Miriam Miramontes (Asociación Amabul). XA CELEBRADO
- Concurso Gastro-Micolóxico de receitas a base de cogomelos dirixido a centros de hostelería de Galicia e cociñeiros/as profesionais. Prazo de participación aberto ata o 30 de abril. Accede ás bases do concurso clicando AQUÍ.
- Concurso Gastro-Micolóxico de receitas a base de cogomelos dirixido a persoas afeccionadas á micogastronomía. Prazo de participación aberto ata o 30 de abril. Accede ás bases do concurso clicando AQUÍ.
Para realizar a inscrición a estas actividades, le atentamente e responde a todas as cuestións necesarias. Para calquera dúbida ou aclaración, podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico terradecogomelos@gmail.com ou por teléfono ao 604.047.337.