A Deputación de Ourense, en colaboración cos Concellos de Barbadás, Ourense, Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas, iniciou o proceso de elaboración da Axenda Urbana da Área Funcional de Ourense Sur, coa finalidade de contar cunha folla de ruta que contribúa á consecución dun territorio máis sostible, habitable, inclusivo e resiliente.
Para elaboración do seu Plan de Acción enténdese fundamental contar coa participación dos diferentes axentes con actividade no territorio, abranguendo os diferentes puntos de vista e perspectivas existentes. Para tal fin, desenvolveranse, entre outras accións participativas, tres encontros sectoriais aos que vos queremos convidar. Trátase dos seguintes:
1. Encontro Sectorial sobre Medio Ambiente, Urbanismo e Mobilidade, que se celebrará o martes 9 de abril ás 11:00h no Hotel Restaurante Pazo de Monterrei, no Pereiro de Aguiar
2. Encontro Sectorial sobre Cohesión Social, Igualdade, Vivenda e Participación, que se celebrará o mércores 10 de abril ás 11:00h no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) de Barbadás
3. Encontro sobre Economía, Emprego e Innovación Tecnolóxica, que se celebrará o venres 12 de abril ás 12:00h no Edificio da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas
O obxectivo principal destas xornadas consiste en identificar conxuntamente respostas aos principais retos da área funcional de Ourense Sur, integrada fisicamente polos catro municipios implicados. Así pois, permitirá non só que poidamos contrastar os desafíos identificados nunha primeira diagnose realizada no municipio, senón tamén que coñezamos mellor as necesidades e aspiracións, así como as accións que se consideran prioritarias a impulsar.
Para poder participar nalgún destes encontros, é preciso confirmar asistencia cubrindo o presente formulario de inscrición. Neste sentido, recomendamos seleccionar aquel ou aqueles encontros cuxa temática teña maior relación coa área de actuación da vosa entidade.
Así mesmo, para calquera dúbida ou consulta, podedes poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico participacion@deloga.es ou ao teléfono 604.047.337.