Language
  • Galician
  • Español
  • Reunión de seguimiento "Mentoring para arquitectos 2023"

    Reunión de seguimiento "Mentoring para arquitectos 2023"

    Formulario de inscrición
  • O programa pretende facilitar a incorporación á profesión de arquitectas e arquitectos nos seus primeiros anos de actividade, e basearase na colaboración con estudos de arquitectura xa consolidados. Á súa vez, espérase que o programa xere sinerxias entre distintos profesionais do ámbito da arquitectura que favorezan o seu desenvolvemento en Galicia.

    A vontade do Programa é a de facilitar unha vía de comunicación aberta para que mentor e mentorizado compartan experiencia e coñecementos. Unha vez pechado o prazo de inscrición, o COAG celebrará un acto inaugural no que se poñerá en contacto aos distintos participantes.

    A convocatoria ten vontade de percorrido, e no caso de ter éxito irase actualizando periodicamente.

    Os únicos requisitos de inscrición son a experiencia e estar colexiado no ámbito da Delegación de Santiago. Os mentores deberán contar con experiencia demostrable, mentres que os mentorizados deberán de ser colexiados desde hai 5 anos ou menos.

    O COAG non será responsable do tipo de relación que se estableza entre ambas partes, e a responsabilidade será unicamente dos participantes.

    (*).- Campos obrigatorios.

  • Información básica protección de datos.
    Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidade: Xestionar as reclamacións, solicitudes de información ou documentación e inscrición en actividades organizadas polo Colexio realizadas polos colexiados e por particulares interesados. Lexitimación: Cumprimento de obrigas legais / Exercicio de facultades públicas/ Consentimento do interesado. Destinatarios: Comunicaranse os datos aos destinatarios legalmente previstos e a encargados do tratamento do COAG. Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional. Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos en
    https://portal.coag.es/aviso-legal

  • Should be Empty: