O Concello das Pontes organiza a cuarta edición das Xornadas Micolóxicas "As Pontes, Terra de Cogomelos", co fin de potenciar a actividade micolóxica e micofílica na nosa bisbarra. Como en edicións anteriores, o obxectivo é que as persoas interesadas nos fungos e cogomelos poidan gozar de actividades que promoven o coñecemento dos diversos aproveitamentos medioambientais, culturais, gastronómicos e económicos destes recursos naturais.
O programa está conformado por diversas actividades de balde e abertas a diversos públicos, nas que é imprescindible a inscrición previa a través do presente formulario.
Cóntase con prazas limitadas. Cada participante deberá enviar unha única solicitude de inscrición, enchendo unha soa vez este formulario. Os menores de idade deberán vir acompañados dun representante legal. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación.
O feito de cubrir este formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte da organización a través do correo electrónico.
O programa inclúe as seguintes actividades:
- FALADOIRO. Os cogomelos de maior valor gastronómico presentes nos habitats da bisbarra do Eume. Venres 4 de outubro, ás 18:30. Na Casa da Cultura Doutor Dopeso. Imparte: Antonio Díaz (cociñeiro especialista en cogomelos). XA CELEBRADO
- ROTEIRO EN BICICLETA. Identificación de especies de tempada. Sábado 5 de outubro ás 10:00. Visita á Entulleira-Zona de Restauración de Goente. A visita será guiada por Luis Cuba (divulgador e youtuber micolóxico). XA CELEBRADO
- SAÍDA AO MONTE PARA FAMILIAS. Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico. Domingo 13 de outubro, de 11:00 a 14:00. Visita ao Monte Forgoselo. A visita será guiada por Rubén Villasenín e Miriam Miramontes (Asociación Amabul). XA CELEBRADO
- FALADOIRO. Etnomicoloxía no noroeste ibérico. Galicia e norte de Portugal (TESE DOUTORAL). Venres 18 de outubro ás 18:30. Na Casa da Cultura Doutor Dopeso. Imparte: María Cabaleiro (Doutora en micoloxía pola Universidade de Vigo). XA CELEBRADO
- SAÍDA AO MONTE PARA PÚBLICO ADULTO. Identificación de fungos e cogomelos no couto micolóxico do monte Forgoselo. Sábado 19 de outubro, de 10:00 a 12:00. Visita ao Monte Forgoselo. A visita será guiada por Hugo Fernández (MycoGalicia Plantae, Universidade de Vigo). XA CELEBRADO
- FALADOIRO. Presentación da guía micolóxica básica da provincia de Lugo. Venres 25 de outubro ás 18:30. Na Casa da Cultura Doutor Dopeso. Imparten: Julián Alonso, José Castro, Mª Cristina García-Echave e Antonio Rigueiro(Sociedade Micolóxica Lucus). XA CELEBRADO
- SAÍDA AO MONTE PARA PÚBLICO ADULTO. Identificación de cogomelos con valor gastronómico. Sábado 2 de novembro ás 9:00. Lugar da visita por determinar. A visita será guiada por Antonio Díaz (cociñeiro especialista en cogomelos). XA CELEBRADO
- OBRADOIRO DE COCIÑA PARA PÚBLICO ADULTO. Domingo 3 de novembro, de 10:30 a 11:30. A actividade realizarase no marco da Feira dos cogomelos a cargo de Gabriel Quispe (gañador do 1º premio mellor cociñeiro de cogomelos edición primavera 2024). XA CELEBRADO
- OBRADOIRO DE COCIÑA PARA PÚBLICO INFANTIL. Domingo 3 de novembro, de 13:00 a 14:00. A actividade realizarase no marco da Feira dos cogomelos a cargo de Gabriel Quispe (gañador do 1º premio mellor cociñeiro de cogomelos edición primavera 2024). XA CELEBRADO
- FALADOIRO. Presentación da guía mixomicetos de Galicia e norte de Portugal. Venres 8 de novembro ás 18:30. Na Casa da Cultura Doutor Dopeso. Imparten: Óscar Requejo Martínez e Floro Andrés Rodríguez (Grupo Micolóxico Galego Luís Freire). XA CELEBRADO
- PASEOS MICOLÓXICOS PARA PÚBLICO ESCOLAR. Saídas de identificación quiadas pola Asociación Poupariña con todos os centros de educación primaria e secundaria das Pontes. XA CELEBRADO
- XORNADAS MICOFORMATIVAS DIRIXIDAS A PROFESIONAIS DA HOSTALERÍA LOCAL. Tres sesións teórico-prácticas. XA CELEBRADO
- 1ª XORNADAS MICOGASTRONÓMICAS EN COLABORACIÓN COA HOSTALERÍA LOCAL. Nos establecementos colaboradores poderán degustarse menús e tapas elaborados con cogomelos silvestres. Días 1, 2 e 3 de novembro. XA CELEBRADO
- Concurso Gastro-Micolóxico de receitas a base de cogomelos dirixido a centros de hostelería de Galicia e cociñeiros/as profesionais. Prazo de participación aberto ata o 12 de novembro. Accede ás bases do concurso clicando AQUÍ.
- Concurso Gastro-Micolóxico de receitas a base de cogomelos dirixido a persoas afeccionadas á micogastronomía. Prazo de participación aberto ata o 12 de novembro. Accede ás bases do concurso clicando AQUÍ.
Para realizar a inscrición a estas actividades, le atentamente e responde a todas as cuestións necesarias. Para calquera dúbida ou aclaración, podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico terradecogomelos@gmail.com ou por teléfono ao 604.047.337.