Os orzamentos participativos (OOPP) Compostela Decide, son unha ferramenta de participación do Concello de Santiago de Compostela para que a mocidade decida libremente e de maneira directa en que empregar 100.000€. As propostas das actividades máis votadas pola mocidade, pasarán a formar parte do orzamento municipal do ano 2025.
A través deste formulario pódense achegar propostas para os Orzamentos Participativos Compostela Decide - Mocidade.
Quen pode participar?
Hai dúas formas de participar: facendo propostas e votando as propostas.
Calquera persoa, sen límite de idade, pode facer propostas de actividades ou programas.
Que propoñer?
Poderán presentarse propostas relacionadas con actividades ou programas dirixidas á mocidade: festivais, campañas de sensibilización, programas formativos, etc.
As propostas poden dirixirse a calquera temática: igualdade, inclusión, medioambiente, cultura, lecer, deporte, voluntariado, etc.
Como deben ser as propostas?
Ser viables tecnicamente.
De orzamento inferior a 15.000€ por actividade.
Executaranse durante o ano 2025.
Serán competencia municipal do Concello de Santiago de Compostela, excluíndo
proxectos que afecten a contratacións vixentes, ou que supoñan gastos de
contratación directa de persoal, gastos asociados a mantemento ordinario e á
xestión interna do Concello, investimentos en obras ou subministros e subvencións nominativas.
Serán de interese xeral, non privado (nin para beneficio propio)