Estimados/as,
Convidámosvos a formar parte do proceso participativo para a elaboración da Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático da Provincia de Ourense, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Ourense, coa colaboración de diversas entidades, institucións científicas e administracións públicas, dentro do proxecto GREEN GAP financiado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027
Dentro deste marco, celebraranse dous encontros participativos, dirixidos por un equipo de investigadores da Universidade da Coruña, nos que se abordarán os principais aspectos que deberían recoller a Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático da Provincia de Ourense. Neles queremos contar coa participación de diferentes axentes chave (asociacións, iniciativas empresariais, Administracións Públicas, etc.).
A túa opinión é fundamental para deseñar unha infraestrutura verde que reflicta as necesidades e intereses do territorio. Para iso, gustaríanos contar coas vosas aportacións nos encontros onde se debaterán os aspectos clave desta estratexia.
Por motivos de xestión do espazo, precisamos confirmar asistencia a través do presente formulario.