De conformidade co disposto non Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía de dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoste de que os datos recollidos neste cuestionario serán tratados polo Concello de Santiago, a través do servizo para a coordinación e funcionamento da Casa das Mulleres Xohana Torres, coa finalidade coñecer como percibe o alumnado determinados comportamentos nas relacións afectivo-sexuais, a aceptación da diversidade e a súa posición fronte ás violencias machistas. Os datos serán tratados unicamente con este fin e non se cederán a terceiros. Non están previstas transferencias internacionais de datos.
Ten en conta que os datos de carácter persoal atenden ao segredo estatístico segundo a Lei 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, así que as túas respostas serán tratadas de forma anónima.