O Concello das Pontes organiza a quinta edición das Xornadas Micolóxicas "As Pontes, Terra de Cogomelos", co fin de potenciar a actividade micolóxica e micofílica na Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo é que as persoas interesadas nos fungos e cogomelos accedan a actividades que promoven o coñecemento dos aproveitamentos medioambientais, culturais, gastronómicos e económicos destes recursos naturais presentes en todos os hábitats galegos.
O programa está conformado por diversas actividades de balde e abertas a diversos públicos, nas que é imprescindible a inscrición previa a través do presente formulario.
Cóntase con prazas limitadas. Cada participante deberá enviar unha única solicitude de inscrición, enchendo unha soa vez este formulario. Os menores de idade deberán vir sempre acompañados dun representante legal. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación.
O feito de cubrir este formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte da organización a través do correo electrónico.
O programa inclúe as seguintes actividades:
- FALADOIRO. Cogomelos no foco: obradoiro de fotografía micolóxica co móbil. Venres 3 de outubro, ás 18:30 na Casa da Cultura Doutor Dopeso.
Imparte: Daniel Puente _Fotógrafo profesional. A sesión práctica realizarase no Paseo Micolóxico e Fotográfico do sábado 4 de outubro.
- PASEO MICOLÓXICO e FOTOGRÁFICO. Identificación de especies para público adulto. Sábado 4 de outubro, ás 9:00 no Couto Micolóxico do Monte Forgoselo.
Guiada por: Luis Cuba _Divulgador e youtuber micolóxico e Daniel Puente _Fotógrafo profesional.
- FALADOIRO. Sabores que perduran: obradoiro de técnicas de conservación de cogomelos comestibles. Venres 10 de outubro, ás 18:30 no local veciñal A Choupana (no barrio Pardo Bazán).
Imparte: Antonio Díaz _Cociñeiro especialista en cogomelos.
- PASEO MICOLÓXICO PARA FAMILIAS. Fungos e cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico. Domingo 12 de outubro, ás 9:00 no Couto Micolóxico do Monte Forgoselo.
Guiada por: Rubén Vilasenín e Miriam Miramontes _Asociación Amabul.
- FALADOIRO. O cultivo de shiitake ecolóxico en Galicia. Venres 24 de outubro, ás 18:30 na Casa da Cultura Doutor Dopeso.
Imparte: Rafael Corral _Cultivador en ecolóxico coa marca SetaBella.
- EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA. Durante a Feira de Fungos e Cogomelos (sábado 1 e domingo 2 de novembro)
- PASEO MICOLÓXICO PARA PÚBLICO ADULTO. Identificación de especies. Sábado 1 de novembro, ás 9:00 no Couto Micolóxico do Monte Forgoselo.
Guiada por: Raquel Poncini e Pablo Cuadrado _Asociación Micolóxica Coruñesa.
- OBRADOIRO DE COCIÑA PARA PÚBLICO INFANTIL. Sábado 1 de novembro, ás 17:00. Durante a Feira de Fungos e Cogomelos, a cargo de Antony Coari _Gañador do 1º premio "Mellor cociñeiro de cogomelos de Galicia 2024", categoría doces.
- OBRADOIRO DE COCIÑA PARA PÚBLICO ADULTO. Sábado 1 de novembro, ás 19:00. Durante a Feira de Fungos e Cogomelos, a cargo de María García _Gañadora do 1º premio "Mellor cociñeira de cogomelos de Galicia 2024", categoría salgados.
- FALADOIRO. Obradoiro olfativo e sensorial de cogomelos. Venres 7 de novembro, ás 18:30 na Casa da Cultura Doutor Dopeso.
Imparte: María Cabaleiro e Hugo Fernández _MycoGalicia Plantae, Universidade de Vigo.
- PASEO MICOLÓXICO PARA PÚBLICO ADULTO. Roteiro naturalista polas fragas dos cogomelos. Sábado 15 de novembro, ás 9:00 en ubicación por confirmar.
Guiada por: Cosme Damián Romay _Grupo Naturalista Hábitat.
- PASEOS MICOLÓXICOS PARA PÚBLICO ESCOLAR. Saídas de identificación quiadas pola Asociación Poupariña con todos os centros de educación primaria e secundaria das Pontes.
- XORNADAS MICOFORMATIVAS DIRIXIDAS A PROFESIONAIS DA HOSTALERÍA LOCAL. Formación para a hostalería das Pontes.
- 2ª XORNADAS MICOGASTRONÓMICAS EN COLABORACIÓN COA HOSTALERÍA LOCAL. Nos establecementos colaboradores poderá degustarse gastronomía a base de cogomelos durante o mes de novembro.
- Concurso de Fotografía Micolóxica. Prazo de participación aberto ata o 15 de outubro. Accede ás bases do concurso clicando AQUÍ.
- Concurso Micogastronómico de receitas a base de cogomelos dirixido a centros de hostelería de Galicia e cociñeiros/as profesionais. Prazo de participación aberto ata o 12 de novembro. Accede ás bases do concurso clicando AQUÍ.
- Concurso Micogastronómico de receitas a base de cogomelos dirixido a persoas afeccionadas. Prazo de participación aberto ata o 12 de novembro. Accede ás bases do concurso clicando AQUÍ.
Para realizar a inscrición a estas actividades, le atentamente e responde a todas as cuestións necesarias. Para calquera dúbida ou aclaración, podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico terradecogomelos@gmail.com ou por teléfono ao 604 047 337.