• Solicitude de ingreso como socio/a na Asociación A Moreniña

    A Asociación A Moreniña, organizadora das Festas da Guadalupe de Rianxo, inicia un proceso de regularización e captación de novos socios e socias.
  • Con esta solicitude, fago constar a miña vontade de ser socio/a de pleno dereito da Asociación A Moreniña e, en consecuencia, no caso de a miña solicitude ser aceptada pola Xunta Directiva, acepto cumprir cos seguintes dereitos e obrigas:

    DEREITOS

    • Participar nas asembleas xerais da asociación
    • Participar en enquisas, preguntas ou tormentas de ideas impulsadas pola Xunta Directiva
    • Postularme para formar parte da Xunta Directiva
    • Postularme para formar parte da Comisión de Festas da Guadalupe
    • Ser informado/a das contas e dos orzamentos anuais
    • Ser informado/a antes de que se fagan públicas das actividades e outras primicias referentes á actividade da asociación
    • Postularme para participar como voluntario/a nas distintas actividades que organiza a asociación
    • Acceder a produtos exclusivos ou promocionais a un prezo reducido para as persoas socias

    OBRIGAS

    • Satisfacer as cotas da Asociación de forma anual ou fraccionada
    • Acatar as normas da Asociación e gardar o debido segredo sobre os asuntos que se tratan nas Asembleas

    PERDA DA CONDICIÓN DE SOCIO/A

    • Por baixa voluntaria
    • Por falta de pago da cota establecida
    • Por incumprimento dos deberes
    • Por reproducir comportamentos ou actitudes inadecuados a xuízo da Asemblea ou da Xunta Directiva
    • A proposta da Xunta Directiva, previa posibilidade de audiencia ante a Asemblea
  • PREGUNTAS E RESPOSTAS

    Que diferenza hai entre a Xunta Directiva da Asociación A Moreniña e a Comisión de Festas da Guadalupe?

    Se ben na teoría deberían ser o mesmo, en ocasións ocorre que hai persoas que deixan a Comisión de Festas ou se incorporan a ela sen que se modifique a Xunta Directiva, que adoita manter o mandato durante dous anos.

    Cal é a cota de pertenza a asociación?

    É a mesma que se pide á veciñanza da parroquia de Rianxo para as festas; actualmente 90 euros anuais por familia ou vivenda (dá dereito á entrada de 2 persoas asociadas: cónxuxes, parellas, ou relacións de primeiro grao: pai/nai e fillo/a).

    No caso de persoas individuais, ou de familias cunha única fonte de ingresos, a cota individual é de 50 euros anuais, se ben poden optar por satisfacer a cota completa.

    Como socio/a, teño dereito a decidir sobre a organización das Festas da Guadalupe?

    Non. Esa función mantena a Xunta Directiva / Comisión de Festas. A heteroxeneidade da Asemblea faría inviable a chegada a consensos e podería facer perigar as finanzas. Con todo, facilitaranse votacións e enquisas ao conxunto dos/as socios/as sobre as actividades da asociación.

    Que diferenza hai entre a cota que paganos os socios e a que se lle pide á veciñanza para as festas da Guadalupe?

    Ningunha, a contía é a mesma. Evidentemente, a cota da asociación xa cobre a achega ás Festas da Guadalupe.

    Hai que ser de Rianxo para ser socio/a da Asociación?

    Non, calquera persoa pode ser socia da Asociación.

    Cando e como teño que facer o pago da miña cota de socio/a?

    Informaremos sobre o proceso. Será de forma similar ás xa existentes: por transferencia bancaria, Bizum, por domiciliación ou en efectivo, coa opción de facelo a prazos mensuais ao longo de todo o ano.

  • Acepto ser incluído nun grupo de por Telegram para recibir información*
  • DATA DA SOLICITUDE
     - -
    2 digit day, 2 digit month, 4 digit year
  • A aceptación de novos socios e socias é unha competencia exclusiva da Xunta Directiva. Informarémosche sobre a aceptación ou non da túa solicitude sen necesidade de comunicar os motivos. Esta decisión é definitiva.

  • Should be Empty: