• MAGOSTO INFANTIL 2025

    As animadoras e os animadores de Trisquel da Asociación Xuvenil AMENCER poñémonos en contacto convosco para informarvos da saída conxunta que vai ter lugar o sábado 15 de novembro con motivo da festa dos Magostos.
    O lugar escollido son os patios do Seminario Maior, a onde iremos andando e pasaremos todo o día.
    A saída será ás 11:00 h. do pórtico do colexio salesiano
    O regreso será ás 18:00 h. (todos os grupos)
    Cadaquén debe levar a súa comida, bebida,... tamén roupa de abrigo, calzado cómodo e moitas ganas de pasalo ben. Ao facer lume quen o desexe pode traer un anaco de pan e un chorizo para asar e castañas xa picadas.

    Gustaríanos que os rapaces e rapazas puideran gozar e coñecer mellor esta festa típica galega, polo que sería bo que non levasen lambetadas, patacas fritas, chocolatinas ... Que tan solo leven a comida necesaria e propia desta festa. Tamén recomendamos que non leven a mochila moi cargada, posto que camiñaremos varios kilómetros (2.5km) con ela ó lombo e só imos estar fóra da casa unhas horas. Todas estas indicaciones pretenden ir en clave educativa. Queremos que os rapaces e rapazas non vivan o magosto como unha saida mais.

     

     

  • Datos da persoa participante

  • Nome do pai/nai/tutor

  • D/Dª {nombre32} autorizo a {nombre} a participar na actividade do Magosto Infantil, que se desenvolverá o 15 de novembro de 2025 organizada pola Asociación Xuvenil Amencer nas instalacións do Seminario Maior de Ourense.

  • Limpiar
  • Should be Empty: