Poñémonos de novo en contacto convosco con motivo da Saída á Manzaneda, (estación invernal de Manzaneda).
Esta saída terá lugar o sábado día 17 de xaneiro; e convidámosvos, a que participedes se queredes connosco e cos vosos fillos e fillas, e poder pasar un día de convivencia todos xuntos.
Os autocares sairán do patio do colexio de salesiano ás 09:00h da mañá; e volveremos aproximadamente ás 18:00h. Pedimos puntualidade para a saída.
Importante :
Hai que levar comida e bebida (importante auga) para todo o día, merenda da mañá e da tarde.
Tamén é obrigatorio levar crema solar, luvas para a neve, gorro, roupa de abrigo e calzado cómodo pero que non deixe pasar auga ( ter en conta que estaremos toda a mañá na neve). Levar roupa para mudarse completamente ao rematar a actividade na neve.
O prezo da saída será de 18 € para socios e de 20 € para non socios . Neste prezo so vai incluído o custe de desprazamento en autocar. No caso de ir en coche particular non terá custo ningún. É necesario que cubrades este formulario e que nos indiquedes cantos da familia ides en autocar ou en coche particular. A data tope de entrega será o mércores 14 de xaneiro.
IMPORTANTE:
· Durante a mañá xogaremos coa neve e nos tiraremos en plásticos sentados por unha zona onde teñamos neve. O xantar xa o faremos coa roupa seca en Trives
· Esta actividade pode cancelarse en caso de que non se cumpran as condicións idóneas para a mesma. É dicir, no caso de que a previsión metereolóxica prevea mal tempo ou falta de neve, procederemos a cancelala, avisando aos inscritos e nas nosas redes sociais. En caso de cancelación por parte de Amencer se devolverán, lóxicamente, todos os cartos da inscrición
· En caso de cancelación da actividade, se ofertará outra alternativa nos locais da asociación no horario habitual: 11:15 a 13:00