Clone of Formulario
  • Compostela Decide

    Formulario de Votación
  • Os orzamentos participativos Compostela Decide son unha ferramenta de participación do Concello de Santiago de Compostela mediante a cal a mocidade pode decidir de maneira directa actividades a desenvolver polo concello. Rematadas as fases de formulación de propostas e a súa correspondente avaliación, é hora de elixir as actividades que che gustaría que se fixesen. O formulario de votación permanecerá aberto ata o día 16 de marzo ás 23:59 horas.

    Durante o 2026 levaranse a cabo as actividades máis votadas ata acadar o límite orzamentario de 100.000€. LEMBRA LER BEN AS BASES, COIDA DE CUMPRIR TÓDOLOS REQUISITOS E TEN A MAN A DOCUMENTACIÓN NECESARIA. Para que o teu voto sexa válido debe cumprir os requisitos dispostos a continuación:

    -        Toda persoa participante na votación debe de estar vencellada dalgún xeito (empadroada, estudando, traballando, etc.) a Santiago de Compostela. Dito vínculo debe demostrarse amosando un documento oficial (nómina ou contrato laboral co enderezo da empresa, tarxeta ou matrícula estudantil, contrato de arrendamento, etc.).

    -        Poderán participar na votación aquelas persoas vencelladas ó concello nadas entre os anos 1996 e 2010, ambos incluídos. 

    -        Cada persoa pode encher unicamente un formulario de votación. Dentro do cal deberá efectuar un total de tres votos, cuxo procedemento de votación e reconto exponse a continuación.

    Procedemento de votación:

    -        Cada persoa só pode votar unha vez, pero deberá escoller tres propostas.

    -        Cada voto ten un valor diferente no reconto final, a saber:

    1º voto: 3 puntos

    2º voto: 2 puntos

    3º voto: 1 punto

  • Verificación participación

    Para poder validar o teu voto, precisamos comprobar os seguintes datos
  • Lembra: Na fase de votación tan só poden votar os nados entre 1996 e 2010, ambos inclusive.

  • Esta información será comprobada, o teu voto será desestimado se a información non é certa. 

  • Nesta fase de votación é necesario ter un vínculo demostrable con Santiago. De non ser así, o teu voto non será efectuado. 

  • Buscar archivos
    Arrastre y suelte archivos aquí
    Elegir un archivo
    Cancelof
  • Datos persoais

  • DISPÓS DE TRES VOTOS QUE DEBERÁS EMPREGAR EN

    3 ACTIVIDADES DIFERENTES:

    - Voto 1 = 3 puntos. 

    - Voto 2 = 2 puntos.

    - Voto 3 = 1 punto.

  • VOTO 1

    Vale 3 puntos no reconto final
  • Selecciona a túa proposta

    En caso de querer cambiar de categoría é necesario seleccionar "Volver a seleccionar área" e preme o botón "Atrás".
  • Cine Forum

    Cineforum ao aire libre

  • Cibertorneo de videoxogos

    A actividade consistiría nun torneo local de vídeoxogos, comezando cunha fase de grupos para clasificar ás eliminatorias. Tendo premios segundo a posición que consigan. Xogos como Fornite, Valorant (aínda que alí cambiarán os grupos) ou ata vídeoxogos retro.

  • Autocine

    Autocine á noitiña.

  • Cine ao aire libre

    Cine ao aire libre no verán.

  • A vida na xuventude

    Un festival de audiovisuais, relacionado coa saúde mental da mocidade, dunha maneira lúdica e interesante, para atrer a máxima xuventude posible e concienciar sobre os problemas que xeran.

  • Clash Royale SDC

    Facer un torneo local do Clash Royale.

  • Torneo arcade "Pixeleiros"

    Propomos a realización dun torneo de xogos arcade de pelexas 1 contra 1 para o uso e a visualización dos xogos arcade.

  • CinemaCompostela

    Un evento como o Ecos Fest, onde o Concello se involucre máis na promoción, onde haxa premios para as diversas categorías e onde haxa un maior número de traballos. O tema dos djs quitaríaos e poría actuacións musicais dos artistas ou grupos dos videoclips proxectados.

  • Concurso de ceadores/as de contido

    Concurso de youtube e instagram votando ás mellores contas e divulgadores/as.

  • Cine de curtas

    Concurso de curtas.

  • Festa cigana

    Festa cigana con moita música y bebidas🔥🔥🔥

  • MAIO RITMO

    O proxecto propón un encontro aberto e gratuíto que combina actuacións de novos/as artistas locais, un obradoiro participativo sobre música e saúde emocional, e un espazo de benestar inclusivo e accesible, co obxectivo de promover a igualdade, a inclusión, a diversidade e o coidado da saúde mental xuvenil nunha contorna segura, respectuosa e comunitaria.

  • Concerto anos 60

    Concerto de música dos anos 60.

  • Concurso de baile

    Concurso de baile. Un escenario para representar as danzas que se irán formando ao longo do día, xunto cuns xuíces que dirán os gañadores do concurso ao rematar coa actividade. Será na Alameda. Os xuíces serán tres voluntarios sen límite de idade e sen moitos coñecementos sobre a danza. As coreografías crearanse ao longo da tarde e poden ser de calquera estilo.

  • Compostela urbana

    A nosa proposta é convidar a Santiago a artistas do xénero urbano moi populares agora mesmo para unir á xente co mesmo gusto musical.

  • Club nocturno Catrava80

    Propoñemos que se faga un encontro organizado nalgún club nocturno en Santiago centro para poder coñecer a máis xente da nosa idade e pasalo ben.

  • Santiago iluminado, ceo de farolillos

    Consiste na reunión de familiares, amigos ou coñecidos. Entre todos tirar farolillos que iluminen o ceo de santiago creando un bo recordo en conxunto. Acompañando ao cerre dun concerto de música urbana, rock ou electrónica.

  • Folclore para todxs

    Clase de baile galego ao aire libre para aprender os básicos dos nosos bailes tradicionais.

  • San Pedro Soa: Vermú e Tardeo Musical

    Esta actividade consiste nun xornada de tardeo no Barrio de San Pedro onde se dean a coñercer pequenos grupos de música, cantantes e dj emerxentes da cidade de Santiago. Por unha parte, trátase de dar a coñecer diferentes propostas musicais que se dan na cidade de Santiago e, por outra, dar alternativas de ocio gratuito á mocidade do barrio. O emprazamento pode ser na praza da Cruz de San Pedro, centro neurálxico do barrio.

  • Concerto ao aire libre pop español

    Concerto ao aire libre de cantantes pop español.

  • Concertos nas festas

    Gustaríanos que se retomase como fai tempo que nas principais festas de Santiago (apostol e ascensión) viñese unha orquesta ou se fixesen certos conciertos de cantantes actuais que lles gusten a mocidade.

  • “ TARDEO ECLIPSE “

    Queremos crear un “tardeo” cun ambiente xuvenil onde poidamos desfrutar de música, para así amenizar o ambiente, mentres observamos o eclipse do 12 de Agosto. O evento contaría cun DJ, sitios onde sentarse e postos de bebida e comida. Trátase dunha actividade que permite que os xoves socialicen sen ter que saír a altas horas da noite.

  • Waterbeat

    Un festival de verano con cantantes medianamente reconocidos, donde haya parones en los que la gente se moje  con agua ya sea, pistolas o cubos.

  • Deportemusicfest

    Batallas de rap para cualquier persona tanto como profesionales como gente aficionada y actividades deportivas como deportes urbanos y más actividades.

  • SdC Under: emerxendo en Compostela

    Festival para artistas musicais emerxentes galegos e locais (grupos, DJs, etc), preferiblemente en fin de semana ou vacacións.

  • Música no aire: aprende a producir música

    Feira con diferentes xéneros de música, stands para crear as túas propias composición, producir, misturar e masterizar, descubrir como a IA pode ser utilizada para a creación musical, tamén para a cultura musical propia (gaitas, pandeiretas…) para poder achegarnos á nosa propia música e á dos demais.

  • Festival Xuventude Benéfica

    A nosa proposta é un festival no que teñan presenza e se dea apoio tanto a refuxios locais como a fundacións benéficas. Tamén por outro lado, este festival usarase para que artistas emerxentes ou non tan coñecidos podan chegar a ser vistos e coñecidos.

  • Tardeo xoven Compostela vibra en troula

    A nosa proposta é un tardeo (de 19:00 a 23:30) na zona Alameda/Campus para adolescentes de entre 14 e 18 anos. Sería gratuíto, (aínda que con aforo limitado). O tardeo estaría pensado para a mocidade que resida ou estudie no concello de Santiago de Compostela, e celebraríase no día de fin de curso para celebrar o inicio do verán. Habería unha discomóvil e unha barra para servir refrescos e auga, e un photocall onde os asistentes poderían sacarse fotos que logo se imprimisen e se entregasen posteriormente.

  • Descubre Diverso Fest

    Queremos propoñer un festival de música, con distintos estilos de música, como por exemplo: flamenco, pop, rock con diferentes artistas. Polo atardecer, público e aberto.

  • Festival urbano

    A proposta é un Festival Urbano Pop-Up, un evento dun día pensado para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos. Ofreceremos unha vibrante mestura de música en directo, arte e deporte urbano, xunto con experiencias interactivas. O festival terá lugar nun espazo público ou semipúblico, como un parque, praza ou centro xuvenil, en formato pop-up. O noso obxectivo é fomentar a participación comunitaria e dar visibilidade a talentos emerxentes.

    Queremos ofrecer unha experiencia cultural e de ocio atractiva para os mozos, promover o talento local en música, baile e arte urbano, e fomentar a interacción social e a creatividade nun entorno seguro e dinámico. Para iso, propomos unha serie de actividades: conciertos de bandas e DJs locais, exhibicións de grafiti e muralismo en directo, talleres curtos de danza urbana e creación de fanzines, food trucks con opcións asequibles e bebidas non alcohólicas, e unha zona de fotografía e instalacións interactivas para redes sociais.

    O festival celebrarseá durante varios días, de 6 a 8 horas, en fin de semana.

  • Quintana Fest

    Pequeno festival na Quintana, que inclúa djs ou artistas emerxentes / urbanos locais e galegos, para fomentar o uso da lingua. O horario sería de tarde - noite, e poñeríanse postos de comida e bebida (non franquicias e grandes cadeas de comida).

  • Concertos gastro-musicais

    A actividade proposta é un evento de lecer que combina música e gastronomía, dirixido a público mozo de entre 16 e 30 anos. O obxectivo é crear un espazo de encontro atractivo no que a mocidade poida desfrutar de música en directo e dunha oferta gastronómica variada.

  • Karaoke

    Un karaoke no que a xente moza poida participar, cantar e bailar. Sería nun lugar pechado, pero amplo para poder abarcar a máxima cantidade de persoas posibles. Tamen incluír uns postos de comida e bebida para que a xente non pase nin fame nin sede. Seria para rapaces de 16 anos ou máis.

  • Festi en Galego

    Para compensar o esforzo dos estudantes, queríamos propoñer que se faga, un día de verán tirando cara a noite, un concerto de artistas que lle gustan á xuventude galega e fomentar e normalizar o emprego da lingua galega no panorama musical. 

  • Competicións de baile galego

    Competicións de baile galego

  • Arte e Viño

    Arte e Viño (pintura, cerámica, collage nocturno con bebidas sen alcohol)

  • Gastronomía artística na natureza

    Taller de pintura ao aire libre nos parques, onde se pinte e debuxe a paisaxe natural dos parques, no que cada participante poida aportar algunha comida feita na casa para compartir co resto de persoas.

  • Festival de teatro

    Un festival de teatro, con concurso e varias categorías, para mozos e mozas novas que estean comezando.

  • Letras por Santiago

    A miña proposta é un concurso de relatos. Para fomentar a literatura en galego e a producción literaria. As bases indicarían que os relatos deberán estar baseados en Santiago de Compostela (tanto nos sitios da cidade, como na súa historia...) aínda que poderían ser de ficción claramente. Os relatos non deberán ter máis de catro páxinas. Para a xestión dos gañadores, poderíase decidir de xeito privado ou subir os relatos a unha páxina web e deixar votar ao que máis lles gusta (só permitindo votar unha vez, claramente), aínda que considero que é mellor idea que xente con coñecemento do mundo literario avaliara os relatos. Os relatos gañadores poderían ser publicados nun xornal local, nunha páxina web e ser recoñecidos dalgún xeito nun acto. Este concurso pode ser empregado para falar dunha problemática concreta da cidade.

  • Xornadas de deporte

    Xornadas do deporte. Poñendo o foco, por una parte, en deportes de equipo, con competicións de 3x3 baloncesto, fútbol, voleibol, etc, valorando una copa eliminatoria. Por outra, en deportes individuais, con carreiras, lanzamentos, forza, etc, con posible liga e clasificación. Outra actividade sería actividade física con música, conexión do corpo, con actividades como ioga ou danza. Tamén habería espazo para deportes de contacto ou de defensa persoal (iudo, kárate), a modo de iniciación para principiantes. E deportes aeróbicos como touchball ou brilé, ou carreiras de sacos, que impliquen a moita xente.

  • Deportes minoritarios

    Unha xornada completa de fomentación de Deportes minoritarios como poden ser o Squash, Críquet ou Croquet.

  • Pachanga interescolar

    Torneo de fútbol con equipos agrupados por centros educativos (bacharelato, ciclos, etc), fóra do horario escolar.

  • Gastrobol

    Torneo de fútbol, o premio sería unha cena nun restaurante.

  • Torneo de minigolf

    Un torneo de minigolf para introducir este deporte na sociedade.

  • Thecno 3x3

    Torneo de baloncesto 3x3 con dj en directo.

  • Visión do Mundial 2026

    Poñer unha pantalla na Praza Roxa, durante o verán de 2026, para ver os partidos de España no Mundial. O obxectivo disto é fomentar un ambiente lúdico e deportivo accesible para todo o mundo. Isto xera un ambiente de comunidade entre toda a poboación.

  • MusFuut: torneo de fútbol + concerto

    Un torneo de fútbol sala cunha pausa para escoitar un pequeno concerto.

  • Torneo multideportivo

    Propoxeños xornadas de distintos deportes (ao aire libre se é posible), tanto os considerados "máis atractivos" ou "populares" como os que non son tanto, diferenciadas por categorías de idade e xénero en cada disciplina: baloncesto, fútbol, bádminton, voleibol, atletismo, béisbol, brilé...

  • Concurso de skate

    Propoñemos un concurso de skate e que se regale unha táboa a quen gañe.

  • Torneo

    Torneo de Decatlón por categorías de idades, xénero e persoas con discapacidade.

  • Fútbol ⚽⚽

    Partido de fútbol entre todos e todas.

  • Torneo de fútbol sala

    Torneo de fútbol sala.

  • Escalada Aberta: Xornada Xuvenil ao Aire Libre

    Xornada de escalada (non profesional) ao aire libre e de distintos niveis para poder iniciarse neste deporte e ofrecer alternativas de ocio á xuventude ademais de confeccionar espazos onde poder coñecer a outras persoas. A actividade está pensada para facer ao aire libre (na primavera ou verán) con diferentes monitores para poder dar as directrices básicas para practicar este deporte. Tamén se pode engadir a esta actividade música e petiscos para facer unha xornada amena para toda a xuventude.

  • Zumba ao aire libre

    Unha clase de zumba ao aire libre.

  • Inclusiball: un día de futbol e popuxogos, merenda e música

    A idea é facer un torneo de fútbol con equipos non pre-feitos con diferentes perfís. Outra parte do recinto pode estar adicada a xogos populares da península e doutros lados. Os equipos se conformarán alí buscando a maior diversidade posible tanto en idade, xénero, capacidade etc. Terá que haber unha parte de dinamización e arbitraxe para asegurar a cohesión grupal e o entorno amigable. Ten que estar clara a motivación de inclusión social e ambiente familiar, interxeracional e amable. Tamén haberá postos de comida e bebida e música para amenizar.

  • Fonkball

    Torneo de fútbol en verán, e poñer un DJ con música fonk brasileira.

  • Pensa en verde

    A miña proposta consiste promover actividades de ocio dirixidas á ecoloxía e o medioambiente como facer rutas en bici polas zonas verdes da cidade, fomentar a plantación nas hortas municipáis e facer encontros de artesáns emerxentes que queiran dar voz aos seus productos dende unha conciencia medioambiental.

  • Santiago verde & Animal

    Organización de quedadas xuvenís para limpar espazos naturais, combinadas con música e actividades sociais; xornadas de reforestación con especias autóctonas onde cada participante “apadriñe” unha árbore, colaboración con protectoras locais para pasear, coidar e promover a adopción responsable de animais; obradoiros breves e dinámicos sobre consumo sostible, reciclaxe e respecto animal en centros xuvenís e universidades; e unha campaña en redes sociais con retos ecolóxicos semanais, vídeos curtos e o hashtag #SantiagoConsciente, incentivando a participación xuvenil e demostrando que coidar o medio ambiente e os animais tamén poden ser unha experiencia social, creativa e cercana.

  • Mais que animais

    Obradoiro sobre a importancia da conservación dos espazos naturais para manter as especies autóctonas de España. Para dar estas charlas poderíamos contactar ao CSIC (misión biolóxica) e ao museo de historia natural de Santiago. Falaríamos dos animais que hai no territorio Español (en mar, terra, ou aire) e como conservalos. Do dano que fan as especies non autóctonas, como os eucaliptos, e facer actuacións de repoboación. Incluso se é posible traer algún tipo de ave para amosar aos máis pequenos. Poderíamos propor esta actividade en institutos coma charlas formais ou coma un obradoiro con actividades diversas, como amosar diferentes tipos de insectos, aves e a xeografía do país.

  • Grupo de consumo para mocidade

    A actividade proposta consiste na posta en marcha e dinamización dun grupo de consumo para mocidade, que permita o acceso a alimentos de proximidade e calidade a un prezo xusto, tanto para as persoas participantes como para as produtoras. Un grupo de consumo é un grupo de persoas que se organizan co fin de realizar compras regulares, principalmente de alimentos, pero tamén doutras cousas, locais e ecolóxicos (pero isto non é indispensable), procurando comprar de forma directa ás produtoras e evitando intermediarios. Na actualidade, a mocidade compostelá ten pouco acceso a produtos locais e de calidade, sexa por descoñecemento ou por unha percepción errada de elevado custe. Con esta proposta preténdese promover o consumo de proximidade e xusto a través da compra directa e organizada. Pertencer a un grupo de persoas é unha práctica que proporciona vantaxes como:
    - Promove o consumo de produtos de proximidade, reforzando á economía local e comarcal fronte ás grandes cadeas de alimentación.
    - Proporciona o acceso a produtos bos e a bo prezo.
    - É unha experiencia de aprendizaxe, non só de consumo e alimentación saudable e responsable, senón tamén de organización e toma de decisións.

    Existen diversas fórmulas para a posta en marcha dun grupo de consumo. Neste caso, proponse a seguinte secuencia de accións:
    Lanzamento: organizar unha campaña de comunicación e convocar varias sesións informativas en distintos puntos da cidade (4-5 eventos), para explicar que é un grupo de consumo e como se pretende poñer en marcha.
    Organización do grupo: nas sesións informativas acabará por conformarse un grupo que será convocado a unha ou varias reunións (5-6 xuntanzas) onde decidir o funcionamento, os produtos, a xestión dos pedidos o reparto de tarefas ou o contacto coas produtoras locais. Existen varias experiencias e persoas coas que se podería contactar en Compostela con coñecementos específicos sobre estas cuestións para orientar ao grupo.
    Dinamización: en paralelo ás decisións vinculadas á organización e operativa, proponse desenvolver un proceso de facilitación e dinamización do grupo, proporcionando ferramentas para a cohesión grupal e a toma de decisións de forma equilibrada e coidadosa. Este proceso contribuirá á consolidación do grupo.
    Realización de pedidos: unha vez tomadas todas as decisións operativas, comezará a organización de pedidos e as tarefas asociadas.
    Realización doutras actividades: en paralelo á organización, dinamización e realización de pedidos poderán organizar outras actividades formativas ou de outro tipo, como obradoiros de cociña, de conservas, etc. (4-5 obradoiros).

  • Correcan

    Unha andaina/carreira coa diferenza que esta se podería facer con animais, como pode ser con cans.

  • Coñécenos! Adopta e non compres

    Dar a coñecer os animais do refuxio para que a xente os coñeza, estar un pouco con eles para fomentar a súa adopción.

  • Conecta con patas

    A actividade Conecta con Patas consiste nun obradoiro no que mozos e mozas participan en dinámicas guiadas con cans e gatos de protectoras, combinando interacción directa cos animais e reflexión grupal sobre emocións, responsabilidade e convivencia. Deste xeito, trátase dunha proposta práctica e vivencial que busca xerar un espazo seguro de participación e aprendizaxe emocional.

    Para levala a cabo, a actividade realízase en colaboración cunha protectora local (como o refuxio de Bando) e desenvólvese en parques de Santiago de Compostela, como Bonaval, Belvís ou Galeras. Así, inclúe unha explicación inicial sobre normas básicas e benestar animal, seguida da interacción controlada cos animais, paseos en grupo e unha actividade final de sensibilización, garantindo sempre a seguridade das persoas participantes e dos animais.

    Esta proposta está dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de Santiago de Compostela, especialmente a aqueles que presentan estrés, ansiedade, soidade ou baixa participación social, ofrecéndolles unha alternativa de lecer educativo e significativo.

    O obxectivo principal da actividade é mellorar o benestar emocional da mocidade mediante a interacción positiva cos animais e a participación nunha actividade con sentido social, favorecendo unha experiencia que combine o coidado emocional co compromiso comunitario.

    Deste modo, a actividade aborda directamente o problema do estrés e da soidade xuvenil, xa que o contacto cos animais contribúe a reducir a ansiedade e favorece a calma, mentres que o coidado dun animal xera unha sensación de utilidade e responsabilidade. Ademais, o traballo en grupo mellora as relacións sociais e reforza a autoestima das persoas participantes.

    Así mesmo, a actividade destaca fronte a outras propostas porque utiliza unha metodoloxía práctica e emocional, non teórica, que conecta directamente coa realidade da mocidade e xera un impacto inmediato e positivo.

    Por todo isto, debería ser votada para levarse a cabo, xa que se trata dunha actividade sinxela, viable e de gran impacto, que responde a un problema real da mocidade actual e promove benestar emocional, participación activa e valores sociais positivos.

  • Excursión animal

    Excursións a zoos ou granxas para ver animais.

  • Exposición de insectos

    Exposición de insectos.

  • Patitas felices y bigotes contentos

    Cursos de tenza responsable de animais.

  • Experiencia con animais exóticos

    A miña proposta é que se fagan charlas sobre animais exóticos como reptís ou carnívoros e que se ensine o seu comportamento.

  • Axuda solidaria animal.

    Actividades para colaborar e axudar aos animáis da rúa, como por exemplo facendo casas para gatos, levando cestas de comida etc.

  • Benestar animal e convivencia cidadá

    Desenvovler un plan integral de benestar animal que promova a convivencia responsable e o respecto polos animais na cidade, combinando medidas de protección, educación cidadá e adaptación dos espazos públicos. Proponse a creación dunha zona específica para animais na Alameda, como espazo céntrico e accesible onde poidan socializar e exercitarse con seguridade. Esta iniciativa contribuirá a mellorar o benestar animal, favorecer a convivencia cidadá e fomentar un uso responsable e compartido dos espazos públicos.

  • Move aos teus maiores!

    Facer actos artísticos, representacións, concertos e actividades en residencias de anciáns ou para os anciáns, para axudar a estimular ás persoas máis maiores, xuntalos cos máis mozos, e encher un espazo de alegría, tendo actos de xente moza e anciáns por igual.

  • Mentalidade xuvenil, saúde presente

    Falar e ter en conta a saúde mental no ámbito escolar e deportivo, non debería ser un tema tabú. Por exemplo, poderiamos ter tanto nas escolas como nas actividades deportivas unha persoa coa que falar dos nosos problemas.

  • SEXO: Saúde sexual

    Charlas e obradoiros fóra do horario lectivo sobre saúde sexual, a importancia do control das ETS, as alternativas para facerse chequeos e formación para evitar discriminación a persoas con VIH.

  • Festidrag

    Festival de artistas drags locais.

  • Semana Trans de Compostela

    Programa de actividades divulgativas sobre o colectivo trans e non binario no que se tratarán temas como a linguaxe neutra, a diversidade de xénero, a situación actual do colectivo e referentes trans e non binaries locais e galegues para a mocidade.

  • Xuntanza

    Un espazo dedicado a reunir persoas maiores que non teñen familia para poder gozar dun momento xuntos facendo actividades.

  • Faino ti

    A nosa idea son unha serie de obradoiros de oficios varios, como carpintería, cociña e repostería, costura, electricidade, manualidades, tarefas do fogar, perruquería, etc, cousas básicas que a mocidade de hoxe en día non sabemos facer e antes eran cultura xeral. Habería un tardeo final de despedida. Queremos que os obradoiros promovan a sostibilidade con produtos reciclables para realizar as actividades. Tamén queremos que a mocidade teña máis coñecementos en actividades tan básicas como arranxar unha prenda de roupa antes de cambiala.

  • Charla "Consciencia sociopolítica"

    Charlas ou ""obradoiros"" dirixidos ao enriquecemento persoal en canto a temas politico-económicos e á fomentación de interese en canto a estes temas. Estas charlas poderían ser levadas a cabo en lugares amplos como un pabellón ou o multiusos en caso de que o clima impida que sexa ao aire libre. Estas charlas estarían feitas por oradores con un amplo coñecemento sobre política e economía. 

    Para conscienciar á mocidade de como funciona a política e a economía. Pero de forma obxectiva, ensinando o funcionamento e os seus propósitos e explicar como foi a historia da sociedade e como foi evolucionando. Propoño isto porque hoxe en día os rapaces son moi manipulados e seguen ideais politicos guiandose polas redes sociais ou polo que escoitan, sen ter (falando en xeral) verdadeira idea de que singifica o que din e que aporta cada ideoloxia politica e que supuxo e supón hoxe en día na sociedade. Penso que é unha boa maneira de empezar a desenvolver un criterio propio, pero non impulsado por ningunha ideoloxía, simplemente informar de maneira obxectiva para conscienciar á hora de falar e tomar decisión políticas e que afecten á sociedade.

  • Camping mirando estrelas e planetas

    Facer un cámping, durmir pola noite nun espazo aberto, no que un especialista en astronomía explique os planetas e estrelas que se vexan en varios telescopios. A xente trae a súa comida e durme alí en tendas proporcionadas. Poden ser varios días pero con grupos de persoas reducidos.

  • Furfest

    Eventos de física furra e un furfest.

  • Anacos da nosa Galiza

    Esta proposta sería facer pequenas presentacións de divulgación sobre temas de actualidade (sobre todo nun mundo cheo de fake news), no que se podería dar contexto sobre realidades galegas que moitos habitantes non coñecen (e deberían). Por exemplo, a Galiza do medievo, ou a Galiza durante a época franquista/guerra civil, as principais figuras históricas galegas...Pero non só de historia, senón tamén de natureza (dos nosos animais autóctonos, por exemplo), da orixe do noso idioma. Pero todo de xeito divulgativo e accesible, non técnico.

  • Compostela ReCrea: segunda vida ao que non usas

    Trucos para a vida con obxectos cotidiáns.
    A idea é facer unha serie de xornadas para convertir restos de obxectos e roupa que non se empregan e darlles unha nova vida. Con estes obradoiros as persoas aprenderían diferentes trucos para evitar o desperdicio ou crear pezas artísticas que poderían expoñer as súas pezas ao final. A exposición podería colocarse en Fonseca ou non espazo similar. Isto consiste en reutilizar o que podería considerarse ""lixo"" e darlle renda solta á creatividade!

  • Taller artístico "Feito X ti"

    Un obradoiro artístico e artesanal, onde poidamos facer varias cousas artísticas, como cerámica ou pintura en familia, fotografía, decorar roupa, escribir, etc.

  • Tecnoloxía en Compostela

    Podería ser un evento de tecnoloxía, onde se aprendería desde os inicios ata o presente, engadindo apartados como os sistemas operativos e a programación, ademais de talleres e actividades, e cousas interesantes. Desta forma, poderíanse promocionar os aos pequenos comercios e organizar un evento onde as persoas afeccionadas e os novatos fosen capaces de ter un evento entretido e educativo. Ubícanse varios postos con merchandising e publicidade dos comercios, e mesas mais grandes para os talleres e charlas.

  • Bomba de ciencia en acción

    Xornada de ciencia, máis interactiva e práctica ca teórica, sobre experciencias científicas interesantes ou chamativas para fomentar distintos ámbitos da ciencia entre a mocidade (física, química, medicina, bioloxía, matemática, xeoloxía, enxeñería...).

  • Taller gastronómico mundial

    Taller evento gastronómico mundial:
    Esta actividade consiste na organización dun evento gastronómico de cociña mundial. Obradoiro de cociña de pratos tradicionais de todo o mundo co obxectivo de ofrecer platos típicos de distintas culturas. Esta actividade será dirixida por profesores e profesionais da comida do país. Este actividade pode destacar sobre o resto xa que Santiago de Compostela é una cidade con gran diversidade cultural, polo que sentimos que é importante dar a coñecer as outras culturas.

  • Taller gastronómico Sabores novos Compostela

    A nosa proposta é xerar obradoiros de cociña gratuítos para que a xente moza (de 16 a 30 anos) aprenda os básicos da cociña: receitas sinxelas e saudables, usando produtos locais.

  • Banquete dos encontros

    Xantares nas datas sinaladas do ano para a xente moza que ten a súa familia lonxe ou non pode volver á casa. Desta forma, a xente pode xuntarse a comer e non ten que pasar as festividades sen compañía.

  • Picoteo fest: hamburguesas galegas

    Nós propoñemos unha actividade gastronómica onde poidamos disfrutar dunha especie de “champions burguer” pero con música e ambiente para a mocidade, tamén integrando lingua en galego. A proposta consiste na instalación temporal de varios postos especializados en hamburguesas elaboradas con produtos galegos de alta calidade. 

    O evento faríase de maneira puntual nun espazo previamente localizado.

  • Pratos de aquí e acolá

    O obxectivo é facer unha feira gastronómica con pratos variados, pero non calquera prato, senón pratos da nosa terra. Gastronomia galega!

  • Xuño polo mundo

    O obxectivo desta actividade é coñecer a cultura musical e gastronómica das distintas nacionalidades que conviven en Santiago.

  • Comida ao aire libre - Festí comunitario

    Buffet na alameda no cal todos poidan participar.

  • Sushi championship

    Buffet de sushi ao aire libre.

  • Churrascada con DJ

    Churrascada con Dj.

  • Gastronomía Musical

    Gastronomía musical:

    Xornadas gastronómicas acompañadas por música en directo nas cales se poderá gozar de comida típica galega do km 0, que incentivará a cultura a nivel musical e a nivel gastronómico galego,o cal é de gran importancia recordar, debido a que as grandes cadeas de comida rápida (McDonalds,KFC,Taco bell…), nos últimos anos comenzaron a opacar a nosa gastronomía local.

    Ademais poderase disfrutar esta experiencia dun xeito diferente, sendo esta acompañada dun Show Cooking, no cal os comensais poderán presenciar a preparación tradicional dos pratos que serán consumidos a posteriori.

  • Glaseado compostelano

    Unha actividade dirixida á mocidade que combine creatividade, gastronomía e ocio ao aire libre. A idea consiste en organizar un concurso de repostería. Os participantes clasificarán en dous pequenos equipos, e deberán preparar un postre orixinal nun tempo limitado, utilizando ingredentes básicos proporcionados pola organización. Cada grupo contará cunha mesa de traballo e utensilios sinxelos xa que o obxectivo principal é divertirse e aprender. Un xurado formado por reposteiros locais e persoal do evento valorará aspectos como o sabor, a presentación e a creatividade. Ao final, haberá premios. Finalmente habería unha degustación aberta ao público. Esta actividade fomenta a convivencia, o traballo en equipo e o interese pola cociña dunha forma dinámica e participativa.

  • Concurso de tortillas e tartas de queixo

    Concurso de tortilla de pataca e tartas de queixo. 

    Fomenta a gastronomía de Santiago, e a participación da cidadanía xa que serían os que participan e non os locais hostaleiros.

    Os concursantes serán persoas de entre 16 e 30 anos, pero poderán ir persoas de todas as idades.

    Haberá 3 premios para as tortillas e 3 para as tartas de queixo máis votadas. Daránse polo xurado (a poder ser cociñeiros de restaurante de Santiago) e polos votos das persoas que consuman. Se poderá votar a dous participantes para a tarta de queixo e a dous para a tortilla.

  • Repostiago

    Talleres de repostería onde se aprende a facer diversos postres, axudando así a concentración e ao desestrés.

  • Choco-Churro desafío

    Celebrar o nadal ao grande facendo un concurso do mellor chocolate con churros na Alameda unha tarde de decembro. O concurso constará de varias pautas nas que se obrigará aos concursantes a elaborar un chocolate con churros da forma que eles queiran e consideren mellor para gañar. As persoas que pasen por aí poderán probar máximo unha vez cada posto e ao final escollerán ao seu favorito. Ao gañador se lle outorgará un diploma con medalla ou trofeo simbólico a maiores dunha cea.

  • Menús típicos

    Facer un concurso no que participen os distintos pratos típicos de cada casa, sobre todo os típicos, un prato principal, un secundario en un postre.

  • Proba o sabor de Santiago 

    Concurso gastronómico de cociña local para impulsar os restaurantes da zona.

  • Roteiro gastronómico

    Propoñemos planificar roteiros por Santiago de Compostela de carácter cultural. Poden ser visitas na zona vella, incluido lugares non tan recurrentes como poden ser a Catedral ou os seus arredores senón tamén lugares como a biblioteca do Pazo de Fonseca. Ademáis incluiríamos paradas gastronómicas no mercado de abastos fomentando o comercio local. Ao finalizar esta ruta , podaríamos formar parte de diferentes talleres de comida galega.

  • FestXove

    Pasarrúas polo centro e a zona vella
    Sesión vermú con pulpeiros e filloeiros locais para fomentar a gastronomía local e os negocios do concello.
    Actuación de orquestra
    Ó longo da tarde e da mañá mercadiños de comercio local.
    Fin da festa con disco móbil.

  • Intercambio cultural de Gastronomía e Cultura

    Inculcar a gastronomía como elementos que forman parte da nosa cultura e pobo, nación ou país. Realización de charlas falando sobre a música e a súa influencia sobre nós. Obradoiros de gastronomía. Realizar unha feria con encontros culturais entre as diferentes zonas de España e do mundo con encontros culturais, de gastronomía e música de todo estilo.

  • Feira autoedición e concerto

    Poderiamos facer unha feria de autoedición para que os artistas poidan anosar os seus cadros, cómics, libros, fanzines... E mentres que toquen bandas e artistas emerxentes de fondo.

  • Resolvendo os enigmas

    Nós propoñemos a execución dun escape room ou unha actividade de resolución de enigmas para a xuventude. Para relacionar esta actividade co tema a tratar a nosa idea sería facelo no casco histórico. O tema que propoñemos é a cultura xeral e a historia de Compostela. As probas poderían ser: descifrar mensaxes en galego antigo, algo relacionado cos símbolos emblemáticos…

  • Rutas Nocturnas

    Rutas Nocturnas (lendas de misterio , fotografía nocturna , paseos guiados nocturnos).

  • Punto de Ocio sen pantallas

    Punto de Ocio para xuventude coa finalidade de socializar entre a mocidade, sen pantallas e múltiples actividades de ocio ou xogos cos que poden interactuar entre eles, engadindo música, xogos e outros puntos cos que interactuar.

  • A volta á cultura

    Excursión a algún museo interesante sobre tecnoloxía, animais, historia da humanidade, etc.

  • A vida no estranxeiro

    Charla sobre os galegos no extranxeiro, se hai algún adulto maior que teña vivido no extranxeiro e queira contar a súa experiencia e quizais, retornados que conten como foi a súa experiencia de volver ás raíces dos seus antepasados.

  • CulTour: a volta ao mundo nun día

    Proponse unha tarde de intercambio de idiomas, na que as persoas participantes pasarían por diferentes postos para aprender 5 frases básicas (aprox.) (ou a canción do aniversario, por exemplo) dese idioma. Cada persoa pasa uns minutos en cada casiña de idioma para aprendelo e poñer un carimbo nunha especie de pasaporte ou ""compostelana"". O obxectivo é completar todos os postos e levar todos os selos completos para ter un bonito recordo. Ademais, haberá unha mesa con pratos internacionais feitos por locais de Santiago con produtos de diferentes países. En cada casiña a persoa participante recibirá unha volandeira coas frases/canción aprendidas e no reverso haberá unha receita típica dun país que fale ese idioma. Priorizarase a representación de linguas e culturas con menor difusión ou visibilidade en Santiago. Por exemplo: se temos un posto coa lingua francesa, que sexa a variedade dun país que non sexa Francia nin Canadá.

    Levaríase a cabo na casa das máquinas un día de fin de semana. Con música de fondo dos países/idiomas representados.

  • Compostela medieval

    Propoñemos realizar unha feria medieval pola zona vella da nosa cidade para dar a coñecer o patrimonio histórico das nosas ruas e darlle unha oportunidade de facer caixa ao comercio local.

  • Xestiona os teus primeiros cartos.

    A actividade serían unhas charlas para que as novas xeracións e as maiores se o precisan, aprendan a xestionar o seu diñeiro e os seus primeiros ingresos.

  • Alameda de segunda!

    Mercadillo de segunda man de moda xuvenil, vinted na vida real. Que se monten carpas ó longo da alameda expoñendo roupa e xoieria que calquera interesado poida tanto comprar coma vender, ademais que pequenos deseñadores ou artesáns poidan vender a súa roupa, sen cobrar comisión por estar alí.

  • Feira de emprego Orientados xuntos

    Que se realice unha feira de emprego que sexa libre para todo o público pero orientado á xuventude de Santiago de Compostela e as empresas poidan compartir contido de valor coa cidadanía. Cun programa específico de orientación laboral para a mocidade para entrar no mercado laboral e sacarlle o máximo rendemiento, para atopar o traballo desexado.

  • Conferencias empresariais

    Reunións e conferencias estilo level Up máis frecuentes e máis ambiente emprendedor.

  • Achega a linguaxe e procedementos administrativos

    Cursiños de comprension da linguaxe administrativa, como tratar coa administracion local e estatal, como pedir axudas e solicitudes de todo tipo a través de internet, como saber que preguntar cando vas a unha oficina, que papeis presentar e como. Todo tipo de trámites como cidadán, desde tratar con organismos estatais coma o SEPE como con Facenda, como facer a declaración da renda, como pedir a axuda do aluguer, procedementos e claves online, en definitiva como entender a linguaxe burocrática.

  • Compostela Medieval

    Propoñemos realizar unha feria medieval pola zona vella da nosa cidade para dar a coñecer o patrimonio histórico das nosas ruas e darlle unha oportunidade de facer caixa ao comercio local.

  • Unha vez seleccionada a proposta que desexas votar preme o botón para confirmar. 

    Se desexas volver atrás lembra seleccionar "Volver a seleccionar área" e despois "Atrás".

  • VOTO 2

    Vale 2 puntos no reconto final
  • Selecciona a túa proposta

    En caso de querer cambiar de categoría é necesario seleccionar "Volver a seleccionar área" e preme o botón "Atrás"
  • Cine Forum

    Cineforum ao aire libre

  • Cibertorneo de videoxogos

    A actividade consistiría nun torneo local de vídeoxogos, comezando cunha fase de grupos para clasificar ás eliminatorias. Tendo premios segundo a posición que consigan. Xogos como Fornite, Valorant (aínda que alí cambiarán os grupos) ou ata vídeoxogos retro.

  • Autocine

    Autocine á noitiña.

  • Cine ao aire libre

    Cine ao aire libre no verán.

  • A vida na xuventude

    Un festival de audiovisuais, relacionado coa saúde mental da mocidade, dunha maneira lúdica e interesante, para atrer a máxima xuventude posible e concienciar sobre os problemas que xeran.

  • Clash Royale SDC

    Facer un torneo local do Clash Royale.

  • Torneo arcade "Pixeleiros"

    Propomos a realización dun torneo de xogos arcade de pelexas 1 contra 1 para o uso e a visualización dos xogos arcade.

  • CinemaCompostela

    Un evento como o Ecos Fest, onde o Concello se involucre máis na promoción, onde haxa premios para as diversas categorías e onde haxa un maior número de traballos. O tema dos djs quitaríaos e poría actuacións musicais dos artistas ou grupos dos videoclips proxectados.

  • Concurso de ceadores/as de contido

    Concurso de youtube e instagram votando ás mellores contas e divulgadores/as.

  • Cine de curtas

    Concurso de curtas.

  • Festa cigana

    Festa cigana con moita música y bebidas🔥🔥🔥

  • MAIO RITMO

    O proxecto propón un encontro aberto e gratuíto que combina actuacións de novos/as artistas locais, un obradoiro participativo sobre música e saúde emocional, e un espazo de benestar inclusivo e accesible, co obxectivo de promover a igualdade, a inclusión, a diversidade e o coidado da saúde mental xuvenil nunha contorna segura, respectuosa e comunitaria.

  • Concerto anos 60

    Concerto de música dos anos 60.

  • Concurso de baile

    Concurso de baile. Un escenario para representar as danzas que se irán formando ao longo do día, xunto cuns xuíces que dirán os gañadores do concurso ao rematar coa actividade. Será na Alameda. Os xuíces serán tres voluntarios sen límite de idade e sen moitos coñecementos sobre a danza. As coreografías crearanse ao longo da tarde e poden ser de calquera estilo.

  • Compostela urbana

    A nosa proposta é convidar a Santiago a artistas do xénero urbano moi populares agora mesmo para unir á xente co mesmo gusto musical.

  • Club nocturno Catrava80

    Propoñemos que se faga un encontro organizado nalgún club nocturno en Santiago centro para poder coñecer a máis xente da nosa idade e pasalo ben.

  • Club nocturno Catrava80

    Propoñemos que se faga un encontro organizado nalgún club nocturno en Santiago centro para poder coñecer a máis xente da nosa idade e pasalo ben.

  • Santiago iluminado, ceo de farolillos

    Consiste na reunión de familiares, amigos ou coñecidos. Entre todos tirar farolillos que iluminen o ceo de santiago creando un bo recordo en conxunto. Acompañando ao cerre dun concerto de música urbana, rock ou electrónica.

  • Folclore para todxs

    Clase de baile galego ao aire libre para aprender os básicos dos nosos bailes tradicionais.

  • San Pedro Soa: Vermú e Tardeo Musical

    Esta actividade consiste nun xornada de tardeo no Barrio de San Pedro onde se dean a coñercer pequenos grupos de música, cantantes e dj emerxentes da cidade de Santiago. Por unha parte, trátase de dar a coñecer diferentes propostas musicais que se dan na cidade de Santiago e, por outra, dar alternativas de ocio gratuito á mocidade do barrio. O emprazamento pode ser na praza da Cruz de San Pedro, centro neurálxico do barrio.

  • Concerto ao aire libre pop español

    Concerto ao aire libre de cantantes pop español.

  • Concertos nas festas

    Gustaríanos que se retomase como fai tempo que nas principais festas de Santiago (apostol e ascensión) viñese unha orquesta ou se fixesen certos conciertos de cantantes actuais que lles gusten a mocidade.

  • “ TARDEO ECLIPSE “

    Queremos crear un “tardeo” cun ambiente xuvenil onde poidamos desfrutar de música, para así amenizar o ambiente, mentres observamos o eclipse do 12 de Agosto. O evento contaría cun DJ, sitios onde sentarse e postos de bebida e comida. Trátase dunha actividade que permite que os xoves socialicen sen ter que saír a altas horas da noite.

  • Waterbeat

    Un festival de verano con cantantes medianamente reconocidos, donde haya parones en los que la gente se moje  con agua ya sea, pistolas o cubos.

  • Deportemusicfest

    Batallas de rap para cualquier persona tanto como profesionales como gente aficionada y actividades deportivas como deportes urbanos y más actividades.

  • SdC Under: emerxendo en Compostela

    Festival para artistas musicais emerxentes galegos e locais (grupos, DJs, etc), preferiblemente en fin de semana ou vacacións.

  • Música no aire: aprende a producir música

    Feira con diferentes xéneros de música, stands para crear as túas propias composición, producir, misturar e masterizar, descubrir como a IA pode ser utilizada para a creación musical, tamén para a cultura musical propia (gaitas, pandeiretas…) para poder achegarnos á nosa propia música e á dos demais.

  • Festival Xuventude Benéfica

    A nosa proposta é un festival no que teñan presenza e se dea apoio tanto a refuxios locais como a fundacións benéficas. Tamén por outro lado, este festival usarase para que artistas emerxentes ou non tan coñecidos podan chegar a ser vistos e coñecidos.

  • Tardeo xoven Compostela vibra en troula

    A nosa proposta é un tardeo (de 19:00 a 23:30) na zona Alameda/Campus para adolescentes de entre 14 e 18 anos. Sería gratuíto, (aínda que con aforo limitado). O tardeo estaría pensado para a mocidade que resida ou estudie no concello de Santiago de Compostela, e celebraríase no día de fin de curso para celebrar o inicio do verán. Habería unha discomóvil e unha barra para servir refrescos e auga, e un photocall onde os asistentes poderían sacarse fotos que logo se imprimisen e se entregasen posteriormente.

  • Descubre Diverso Fest

    Queremos propoñer un festival de música, con distintos estilos de música, como por exemplo: flamenco, pop, rock con diferentes artistas. Polo atardecer, público e aberto.

  • Festival urbano

    A proposta é un Festival Urbano Pop-Up, un evento dun día pensado para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos. Ofreceremos unha vibrante mestura de música en directo, arte e deporte urbano, xunto con experiencias interactivas. O festival terá lugar nun espazo público ou semipúblico, como un parque, praza ou centro xuvenil, en formato pop-up. O noso obxectivo é fomentar a participación comunitaria e dar visibilidade a talentos emerxentes.

    Queremos ofrecer unha experiencia cultural e de ocio atractiva para os mozos, promover o talento local en música, baile e arte urbano, e fomentar a interacción social e a creatividade nun entorno seguro e dinámico. Para iso, propomos unha serie de actividades: conciertos de bandas e DJs locais, exhibicións de grafiti e muralismo en directo, talleres curtos de danza urbana e creación de fanzines, food trucks con opcións asequibles e bebidas non alcohólicas, e unha zona de fotografía e instalacións interactivas para redes sociais.

    O festival celebrarseá durante varios días, de 6 a 8 horas, en fin de semana.

  • Quintana Fest

    Pequeno festival na Quintana, que inclúa djs ou artistas emerxentes / urbanos locais e galegos, para fomentar o uso da lingua. O horario sería de tarde - noite, e poñeríanse postos de comida e bebida (non franquicias e grandes cadeas de comida).

  • Concertos gastro-musicais

    A actividade proposta é un evento de lecer que combina música e gastronomía, dirixido a público mozo de entre 16 e 30 anos. O obxectivo é crear un espazo de encontro atractivo no que a mocidade poida desfrutar de música en directo e dunha oferta gastronómica variada.

  • Karaoke

    Un karaoke no que a xente moza poida participar, cantar e bailar. Sería nun lugar pechado, pero amplo para poder abarcar a máxima cantidade de persoas posibles. Tamen incluír uns postos de comida e bebida para que a xente non pase nin fame nin sede. Seria para rapaces de 16 anos ou máis.

  • Festi en Galego

    Para compensar o esforzo dos estudantes, queríamos propoñer que se faga, un día de verán tirando cara a noite, un concerto de artistas que lle gustan á xuventude galega e fomentar e normalizar o emprego da lingua galega no panorama musical. 

  • Competicións de baile galego

    Competicións de baile galego. 

    Desenvolver un plan integral de benestar animal que promova a convivencia responsable e o respecto polos animais na cidade, combinando medidas de protección, educación cidadá e adaptación dos espazos públicos. Proponse a creación dunha zona específica para animais na Alameda, como espazo céntrico e accesible onde poidan socializar e exercitarse con seguridade. Esta iniciativa contribuíra a mellorar o benestar animal, favorecer a convivencia cidadá e fomentar un uso responsable e compartido dos espazos públicos.

  • Move aos teus maiores!

    Facer actos artísticos, representacións, concertos e actividades en residencias de anciáns ou para os anciáns, para axudar a estimular ás persoas máis maiores, xuntalos cos máis mozos, e encher un espazo de alegría, tendo actos de xente moza e anciáns por igual.

  • Mentalidade xuvenil, saúde presente

    Falar e ter en conta a saúde mental no ámbito escolar e deportivo, non debería ser un tema tabú. Por exemplo, poderiamos ter tanto nas escolas como nas actividades deportivas unha persoa coa que falar dos nosos problemas.

  • SEXO: Saúde sexual

    Charlas e obradoiros fóra do horario lectivo sobre saúde sexual, a importancia do control das ETS, as alternativas para facerse chequeos e formación para evitar discriminación a persoas con VIH.

  • Festidrag

    Festival de artistas drags locais.

  • Semana Trans de Compostela

    Programa de actividades divulgativas sobre o colectivo trans e non binario no que se tratarán temas como a linguaxe neutra, a diversidade de xénero, a situación actual do colectivo e referentes trans e non binaries locais e galegues para a mocidade.

  • Xuntanza

    Un espazo dedicado a reunir persoas maiores que non teñen familia para poder gozar dun momento xuntos facendo actividades.

  • Faino ti

    A nosa idea son unha serie de obradoiros de oficios varios, como carpintería, cociña e repostería, costura, electricidade, manualidades, tarefas do fogar, perruquería, etc, cousas básicas que a mocidade de hoxe en día non sabemos facer e antes eran cultura xeral. Habería un tardeo final de despedida. Queremos que os obradoiros promovan a sostibilidade con produtos reciclables para realizar as actividades. Tamén queremos que a mocidade teña máis coñecementos en actividades tan básicas como arranxar unha prenda de roupa antes de cambiala.

  • Charla "Consciencia sociopolítica"

    Charlas ou ""obradoiros"" dirixidos ao enriquecemento persoal en canto a temas politico-económicos e á fomentación de interese en canto a estes temas. Estas charlas poderían ser levadas a cabo en lugares amplos como un pabellón ou o multiusos en caso de que o clima impida que sexa ao aire libre. Estas charlas estarían feitas por oradores con un amplo coñecemento sobre política e economía. 

    Para conscienciar á mocidade de como funciona a política e a economía. Pero de forma obxectiva, ensinando o funcionamento e os seus propósitos e explicar como foi a historia da sociedade e como foi evolucionando. Propoño isto porque hoxe en día os rapaces son moi manipulados e seguen ideais politicos guiandose polas redes sociais ou polo que escoitan, sen ter (falando en xeral) verdadeira idea de que singifica o que din e que aporta cada ideoloxia politica e que supuxo e supón hoxe en día na sociedade. Penso que é unha boa maneira de empezar a desenvolver un criterio propio, pero non impulsado por ningunha ideoloxía, simplemente informar de maneira obxectiva para conscienciar á hora de falar e tomar decisión políticas e que afecten á sociedade.

  • Camping mirando estrelas e planetas

    Facer un cámping, durmir pola noite nun espazo aberto, no que un especialista en astronomía explique os planetas e estrelas que se vexan en varios telescopios. A xente trae a súa comida e durme alí en tendas proporcionadas. Poden ser varios días pero con grupos de persoas reducidos.

  • Furfest

    Eventos de física furra e un furfest.

  • Anacos da nosa Galiza

    Esta proposta sería facer pequenas presentacións de divulgación sobre temas de actualidade (sobre todo nun mundo cheo de fake news), no que se podería dar contexto sobre realidades galegas que moitos habitantes non coñecen (e deberían). Por exemplo, a Galiza do medievo, ou a Galiza durante a época franquista/guerra civil, as principais figuras históricas galegas...Pero non só de historia, senón tamén de natureza (dos nosos animais autóctonos, por exemplo), da orixe do noso idioma. Pero todo de xeito divulgativo e accesible, non técnico.

  • Compostela ReCrea: segunda vida ao que non usas

    Trucos para a vida con obxectos cotidiáns.
    A idea é facer unha serie de xornadas para convertir restos de obxectos e roupa que non se empregan e darlles unha nova vida. Con estes obradoiros as persoas aprenderían diferentes trucos para evitar o desperdicio ou crear pezas artísticas que poderían expoñer as súas pezas ao final. A exposición podería colocarse en Fonseca ou non espazo similar. Isto consiste en reutilizar o que podería considerarse ""lixo"" e darlle renda solta á creatividade!

  • Taller artístico "Feito X ti"

    Un obradoiro artístico e artesanal, onde poidamos facer varias cousas artísticas, como cerámica ou pintura en familia, fotografía, decorar roupa, escribir, etc.

  • Tecnoloxía en Compostela

    Podería ser un evento de tecnoloxía, onde se aprendería desde os inicios ata o presente, engadindo apartados como os sistemas operativos e a programación, ademais de talleres e actividades, e cousas interesantes. Desta forma, poderíanse promocionar os aos pequenos comercios e organizar un evento onde as persoas afeccionadas e os novatos fosen capaces de ter un evento entretido e educativo. Ubícanse varios postos con merchandising e publicidade dos comercios, e mesas mais grandes para os talleres e charlas.

  • Bomba de ciencia en acción

    Xornada de ciencia, máis interactiva e práctica ca teórica, sobre experciencias científicas interesantes ou chamativas para fomentar distintos ámbitos da ciencia entre a mocidade (física, química, medicina, bioloxía, matemática, xeoloxía, enxeñería...).

  • Taller gastronómico mundial

    Taller evento gastronómico mundial:
    Esta actividade consiste na organización dun evento gastronómico de cociña mundial. Obradoiro de cociña de pratos tradicionais de todo o mundo co obxectivo de ofrecer platos típicos de distintas culturas. Esta actividade será dirixida por profesores e profesionais da comida do país. Este actividade pode destacar sobre o resto xa que Santiago de Compostela é una cidade con gran diversidade cultural, polo que sentimos que é importante dar a coñecer as outras culturas.

  • Taller gastronómico Sabores novos Compostela

    A nosa proposta é xerar obradoiros de cociña gratuítos para que a xente moza (de 16 a 30 anos) aprenda os básicos da cociña: receitas sinxelas e saudables, usando produtos locais.

  • Banquete dos encontros

    Xantares nas datas sinaladas do ano para a xente moza que ten a súa familia lonxe ou non pode volver á casa. Desta forma, a xente pode xuntarse a comer e non ten que pasar as festividades sen compañía.

  • Picoteo fest: hamburguesas galegas

    Nós propoñemos unha actividade gastronómica onde poidamos disfrutar dunha especie de “champions burguer” pero con música e ambiente para a mocidade, tamén integrando lingua en galego. A proposta consiste na instalación temporal de varios postos especializados en hamburguesas elaboradas con produtos galegos de alta calidade. 

    O evento faríase de maneira puntual nun espazo previamente localizado.

  • Pratos de aquí e acolá

    O obxectivo é facer unha feira gastronómica con pratos variados, pero non calquera prato, senón pratos da nosa terra. Gastronomia galega!

  • Xuño polo mundo

    O obxectivo desta actividade é coñecer a cultura musical e gastronómica das distintas nacionalidades que conviven en Santiago.

  • Comida ao aire libre - Festí comunitario

    Buffet na alameda no cal todos poidan participar.

  • Sushi championship

    Buffet de sushi ao aire libre.

  • Churrascada con DJ

    Churrascada con Dj.

  • Gastronomía Musical

    Gastronomía musical:

    Xornadas gastronómicas acompañadas por música en directo nas cales se poderá gozar de comida típica galega do km 0, que incentivará a cultura a nivel musical e a nivel gastronómico galego,o cal é de gran importancia recordar, debido a que as grandes cadeas de comida rápida (McDonalds,KFC,Taco bell…), nos últimos anos comenzaron a opacar a nosa gastronomía local.

    Ademais poderase disfrutar esta experiencia dun xeito diferente, sendo esta acompañada dun Show Cooking, no cal os comensais poderán presenciar a preparación tradicional dos pratos que serán consumidos a posteriori.

  • Glaseado compostelano

    Unha actividade dirixida á mocidade que combine creatividade, gastronomía e ocio ao aire libre. A idea consiste en organizar un concurso de repostería. Os participantes clasificarán en dous pequenos equipos, e deberán preparar un postre orixinal nun tempo limitado, utilizando ingredentes básicos proporcionados pola organización. Cada grupo contará cunha mesa de traballo e utensilios sinxelos xa que o obxectivo principal é divertirse e aprender. Un xurado formado por reposteiros locais e persoal do evento valorará aspectos como o sabor, a presentación e a creatividade. Ao final, haberá premios. Finalmente habería unha degustación aberta ao público. Esta actividade fomenta a convivencia, o traballo en equipo e o interese pola cociña dunha forma dinámica e participativa.

  • Concuso de tortillas e tartas de queixo

    Concurso de tortilla de pataca e tartas de queixo. 

    Fomenta a gastronomía de Santiago, e a participación da cidadanía xa que serían os que participan e non os locais hostaleiros.

    Os concursantes serán persoas de entre 16 e 30 anos, pero poderán ir persoas de todas as idades.

    Haberá 3 premios para as tortillas e 3 para as tartas de queixo máis votadas. Daránse polo xurado (a poder ser cociñeiros de restaurante de Santiago) e polos votos das persoas que consuman. Se poderá votar a dous participantes para a tarta de queixo e a dous para a tortilla.

  • Repostiago

    Talleres de repostería onde se aprende a facer diversos postres, axudando así a concentración e ao desestrés.

  • Choco-Churro desafío

    Celebrar o nadal ao grande facendo un concurso do mellor chocolate con churros na Alameda unha tarde de decembro. O concurso constará de varias pautas nas que se obrigará aos concursantes a elaborar un chocolate con churros da forma que eles queiran e consideren mellor para gañar. As persoas que pasen por aí poderán probar máximo unha vez cada posto e ao final escollerán ao seu favorito. Ao gañador se lle outorgará un diploma con medalla ou trofeo simbólico a maiores dunha cea.

  • Menús típicos

    Facer un concurso no que participen os distintos pratos típicos de cada casa, sobre todo os típicos, un prato principal, un secundario en un postre.

  • Proba o sabor de Santiago

    Concurso gastronómico de cociña local para impulsar os restaurantes da zona.

  • Roteiro gastronómico

    Propoñemos planificar roteiros por Santiago de Compostela de carácter cultural. Poden ser visitas na zona vella, incluido lugares non tan recurrentes como poden ser a Catedral ou os seus arredores senón tamén lugares como a biblioteca do Pazo de Fonseca. Ademáis incluiríamos paradas gastronómicas no mercado de abastos fomentando o comercio local. Ao finalizar esta ruta , podaríamos formar parte de diferentes talleres de comida galega.

  • FestXove

    Pasarrúas polo centro e a zona vella
    Sesión vermú con pulpeiros e filloeiros locais para fomentar a gastronomía local e os negocios do concello.
    Actuación de orquestra
    Ó longo da tarde e da mañá mercadiños de comercio local.
    Fin da festa con disco móbil.

  • Intercambio cultural de Gastronomía e Cultura

    Inculcar a gastronomía como elementos que forman parte da nosa cultura e pobo, nación ou país. Realización de charlas falando sobre a música e a súa influencia sobre nós. Obradoiros de gastronomía. Realizar unha feria con encontros culturais entre as diferentes zonas de España e do mundo con encontros culturais, de gastronomía e música de todo estilo.

  • Feira autoedición e concerto

    Poderiamos facer unha feria de autoedición para que os artistas poidan anosar os seus cadros, cómics, libros, fanzines... E mentres que toquen bandas e artistas emerxentes de fondo.

  • Resolvendo os enigmas

    Nós propoñemos a execución dun escape room ou unha actividade de resolución de enigmas para a xuventude. Para relacionar esta actividade co tema a tratar a nosa idea sería facelo no casco histórico. O tema que propoñemos é a cultura xeral e a historia de Compostela. As probas poderían ser: descifrar mensaxes en galego antigo, algo relacionado cos símbolos emblemáticos…

  • Rutas Nocturnas

    Rutas Nocturnas (lendas de misterio , fotografía nocturna , paseos guiados nocturnos).

  • Punto de Ocio sen pantallas

    Punto de Ocio para xuventude coa finalidade de socializar entre a mocidade, sen pantallas e múltiples actividades de ocio ou xogos cos que poden interactuar entre eles, engadindo música, xogos e outros puntos cos que interactuar.

  • A volta á cultura

    Excursión a algún museo interesante sobre tecnoloxía, animais, historia da humanidade, etc.

  • A vida no estranxeiro

    Charla sobre os galegos no extranxeiro, se hai algún adulto maior que teña vivido no extranxeiro e queira contar a súa experiencia e quizais, retornados que conten como foi a súa experiencia de volver ás raíces dos seus antepasados.

  • CulTour: a volta ao mundo nun día

    Proponse unha tarde de intercambio de idiomas, na que as persoas participantes pasarían por diferentes postos para aprender 5 frases básicas (aprox.) (ou a canción do aniversario, por exemplo) dese idioma. Cada persoa pasa uns minutos en cada casiña de idioma para aprendelo e poñer un carimbo nunha especie de pasaporte ou ""compostelana"". O obxectivo é completar todos os postos e levar todos os selos completos para ter un bonito recordo. Ademais, haberá unha mesa con pratos internacionais feitos por locais de Santiago con produtos de diferentes países. En cada casiña a persoa participante recibirá unha volandeira coas frases/canción aprendidas e no reverso haberá unha receita típica dun país que fale ese idioma. Priorizarase a representación de linguas e culturas con menor difusión ou visibilidade en Santiago. Por exemplo: se temos un posto coa lingua francesa, que sexa a variedade dun país que non sexa Francia nin Canadá.

    Levaríase a cabo na casa das máquinas un día de fin de semana. Con música de fondo dos países/idiomas representados.

  • Compostela medieval

    Propoñemos realizar unha ferie medieval pola zona vella da nosa cidade oara dar a coñecer o patrimonio histórico das nosas ruas e darlle unha oportunidade de facer caiza ao comercio local.

  • Xestiona os teus primeiros cartos.

    A actividade serían unhas charlas para que as novas xeracións e as maiores se o precisan, aprendan a xestionar o seu diñeiro e os seus primeiros ingresos.

  • Alameda de segunda!

    Mercadillo de segunda man de moda xuvenil, vinted na vida real. Que se monten carpas ó longo da alameda expoñendo roupa e xoieria que calquera interesado poida tanto comprar coma vender, ademais que pequenos deseñadores ou artesáns poidan vender a súa roupa, sen cobrar comisión por estar alí.

  • Feira de emprego Orientados xuntos

    Que se realice unha feira de emprego que sexa libre para todo o público pero orientado á xuventude de Santiago de Compostela e as empresas poidan compartir contido de valor coa cidadanía. Cun programa específico de orientación laboral para a mocidade para entrar no mercado laboral e sacarlle o máximo rendemiento, para atopar o traballo desexado.

  • Conferencias empresariais

    Reunións e conferencias estilo level Up máis frecuentes e máis ambiente emprendedor.

  • Conferencias empresariais

    Reunións e conferencias estilo level Up máis frecuentes e máis ambiente emprendedor.

  • Achega a linguaxe e procedementos administrativos

    Cursiños de comprension da linguaxe administrativa, como tratar coa administracion local e estatal, como pedir axudas e solicitudes de todo tipo a través de internet, como saber que preguntar cando vas a unha oficina, que papeis presentar e como. Todo tipo de trámites como cidadán, desde tratar con organismos estatais coma o SEPE como con Facenda, como facer a declaración da renda, como pedir a axuda do aluguer, procedementos e claves online, en definitiva como entender a linguaxe burocrática.

  • Unha vez seleccionada a proposta que desexas votar preme o botón para confirmar. 

    Se desexas volver atrás lembra seleccionar "Volver a seleccionar área" e despois "Atrás".

  • VOTO 3

    Vate 1 punto no reconto final

  • Competición de baile galego

    Competición de baile galego.

    Desenvolver un plan integral de benestar animal que promova a convivencia responsable e o respecto polos animais na cidade, combinando medidas de protección, educación cidadá e adaptación dos espazos públicos. Proponse a creación dunha zona específica para animais na Alameda, como espazo céntrico e accesible onde poidan socializar e exercitarse con seguridade. Esta iniciativa contribuirá a mellorar o benestar animal, favorecer a convivencia cidadá e fomentar un uso responsable e compartido dos espazos públicos.

    Propoñemos realziar unha ferie medieval pola zona vella da nosa cidade para dar a coñecer o patrimonio histórico das nosas ruas e darlle unha oportunidade de facer caixa ao comercio local.

  • Xestiona os teus primeiros cartos.

    A actividade serían unhas charlas para que as novas xeracións e as maiores se o precisan, aprendan a xestionar o seu diñeiro e os seus primeiros ingresos.

  • Alameda de segunda!

    Mercadillo de segunda man de moda xuvenil, vinted na vida real. Que se monten carpas ó longo da alameda expoñendo roupa e xoieria que calquera interesado poida tanto comprar coma vender, ademais que pequenos deseñadores ou artesáns poidan vender a súa roupa, sen cobrar comisión por estar alí.

  • Feira de emprego Orientados xuntos

    Que se realice unha feira de emprego que sexa libre para todo o público pero orientado á xuventude de Santiago de Compostela e as empresas poidan compartir contido de valor coa cidadanía. Cun programa específico de orientación laboral para a mocidade para entrar no mercado laboral e sacarlle o máximo rendemiento, para atopar o traballo desexado.

  • Conferencias empresariais

    Reunións e conferencias estilo level Up máis frecuentes e máis ambiente emprendedor.

  • Conferencias empresariais

    Reunións e conferencias estilo level Up máis frecuentes e máis ambiente emprendedor.

  • Achega a linguaxe e procedementos administrativos

    Cursiños de comprension da linguaxe administrativa, como tratar coa administracion local e estatal, como pedir axudas e solicitudes de todo tipo a través de internet, como saber que preguntar cando vas a unha oficina, que papeis presentar e como. Todo tipo de trámites como cidadán, desde tratar con organismos estatais coma o SEPE como con Facenda, como facer a declaración da renda, como pedir a axuda do aluguer, procedementos e claves online, en definitiva como entender a linguaxe burocrática.

  • Unha vez seleccionada a proposta que desexas votar preme o botón para confirmar. 

    Se desexas volver atrás lembra seleccionar "Volver a seleccionar área" e despois "Atrás".

  • Premendo na casilla de abaixo declaro que: 1) os datos e a información consignados no formulario son veraces e corresponde á miña persoa, e comprométome a probar documentalmente os mesmos cando así se me solicite, 2) que a documentación aportada é copia fiel dos documentos orixinais e 3) que coñezo que a falta de veracidade da información ou o falseamento da documentación requirida para o exercicio do meu voto implicará a desestimación deste.

  • SENTÍMOLO, NON CUMPRE COS REQUISITOS DE VOTACIÓN. 

    Lembramos que para poder facer uso dos votos debe:

    1. Ser nado entre os anos 1996 e 2010.
    2. Estar vencellado/a ó Concello de Santiago dalgún xeito amosable (empadroado, residindo, estudando, traballando...). 
  • Should be Empty: