Open Call: Bienal de Nova Arquitectura
  • Open Call

    Bienal de Nova Arquitectura
  • O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), no seu compromiso co talento emerxente, organiza en colaboración con Cortizo a primeira Bienal de Nova Arquitectura como espazo de encontro para dar voz á nova xeración de profesionais. Esta iniciativa busca o intercambio de coñecemento e consolidar unha alianza estratéxica entre a arquitectura nova e a vangarda industrial do país.

    A xornada, que acontecerá o 12 de xuño no Campus Tecnolóxico de Cortizo (Padrón), porá o seu foco nas conversas e o networking entre os diferentes profesionais, con mesas de debate e presentacións de persoas relevantes nesta nova xeración de arquitectos e arquitectas.

    Nese marco abrimos un Open Call que busca seleccionar propostas enfocadas a presentacións rápidas (5 minutos, 10 imaxes) para que os arquitectos e arquitectas galegas (nados en Galicia ou colexiados do COAG) de menos de 40 anos poidan expoñer os seus proxectos, investigacións, accións innovadoras, experiencias profesionais de carácter xeral ou preocupacións.

  • Format: 000-000-000.
  • Proposta

  • De xeito orientativo, sen perxuízo de outras, establécense as seguintes categorías nas que se poderían encadrar as propostas:
  • Buscar archivos
    Drag and drop files here
    Choose a file
    Cancelof
  • Calquera dúbida pode poñerse en contacto no correo:

    cultura@colexiodearquitectos.org

  • Información básica de protección de datos.
    Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidade: realización das xestións relacionadas coa colexiación e da prestación de servizos aos colexiados, excepto o visado e o rexistro de traballos profesionais. Lexitimación: Cumprimento de obrigacións legais / Ejercicicio de facultades públicas/ Consentimento do interesado. Destinatarios: Comunicaranse os datos aos destinatarios legalmente previstos e aos encargados de tratamento do COAG. Dereitos: ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional. Información adicional: pode consultarse a información adicional e detallada sobre Protección de Datos en http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=gal

  • Should be Empty: