GLOBAL SUMUD GALIZA - COMUNICADO URXENTE
O ASALTO EN AUGAS INTERNACIONAIS: UN ACTO DE GUERRA CONTRA A HUMANIDADE
Nas horas máis escuras do 29 de abril de 2026, as forzas navais israelís —que operaban a máis de 1000 quilómetros das súas augas territoriais— lanzaron un asalto armado contra a Flotilla Global Sumud fronte ás costas de Creta, en augas internacionais. Máis de 180 activistas desarmadas, procedentes de ducias de países, foron secuestradas e agredidas en augas internacionais. Dúas delas, Thiago Ávila e Saif Abukeshek, foron secuestradas baixo falsos pretextos e trasladadas ao Estado de Israel.
A flotilla zarpou debido á inacción da comunidade internacional. O Estado de Israel segue a levar a cabo un xenocidio nos Territorios Ocupados, destruíndo infraestruturas civís que a flotilla pretendía axudar a reparar. O seu secuestro non é, polo tanto, un feito illado da campaña de destrución de Israel, senón unha prolongación da mesma.
Este ataque contra persoas civís desarmadas en augas internacionais é a continuación lóxica dunha cultura máis ampla de impunidade que debe terminar.
VIOLACIÓNS GRAVES DO DEREITO INTERNACIONAL
Estas accións constitúen violacións explícitas:
A Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio.
O Cuarto Convenio de Xenebra (protección de persoas civís e axuda humanitaria).
A Convención da ONU sobre o Dereito do Mar (UNCLOS) (liberdade de navegación).
O Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (ICCPR) (prohibición da detención arbitraria).
A Convención contra a Tortura.
O uso da fame como arma de guerra en Gaza.
SOLICITUDE POLÍTICA: TRES FRONTES DE ACTUACIÓN INMEDIATA
Instamos aos nosos gobernos a actuar de inmediato en tres frontes:
1. Protección diplomática
Todos os gobernos con cidadanía a bordo deben intervir agora mesmo —mediante accións consulares, comunicación directa con Israel e exixencias públicas para a liberación inmediata de todas as persoas detidas. Non se trata dun xesto humanitario, con vidas en perigo inmediato, é unha obriga legal.
2. Investigación pública
Os gobernos deben abrir investigacións urxentes e transparentes sobre este asalto: Quen autorizou unha operación naval armada a unha distancia sen precedentes de 600 millas náuticas de Israel?
En que condicións se atopan as persoas detidas?
Como debemos exixir a Israel que rinda contas pola seguridade das persoas civís que secuestrou?
3. Sancións económicas
Israel leva décadas acumulando un historial indiscutible de violacións do dereito internacional:
Como ocupante ilegal, como artífice do apartheid e como Estado que bombardea e mata de fame á poboación civil. O ataque contra persoas civís desarmadas en augas internacionais é a continuación lóxica desa impunidade, que debe terminar con sancións económicas reais e inmediatas.
ÁS ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS E SOCIAIS NA GALIZA PEDÍMOSLLES TRASLADAR ESTAS EXIXENCIAS AO GOBERNO GALEGO, AO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL E Á UNIÓN EUROPEA
Exiximos:
1. Liberación inmediata e incondicional de Saif Abukeshek, Thiago Ávila, Marwan Barghouti, Dr. Hussam Abu Safiya e de todas as persoas palestinas secuestradas.
2. Protección diplomática urxente para as persoas do estado español.
3. Investigación pública e independente do asalto en augas internacionais.
4. Sancións económicas significativas contra Israel.
5. Responsabilización por xenocidio en Gaza e limpeza étnica en Cisxordania.
Dirixímonos tamén ao goberno tunesino: sexa fiel ao seu legado de solidariedade histórica coa loita palestina e libere inmediatamente as nosas organizadoras locais detidas. Permítalles protexer Gaza, non procesalas.
APOIOS E MOBILIZACIÓN
Convocamos a organizacións da sociedade civil, sindicatos, colectivas feministas, antirracistas e de dereitos humanos a:
Asinar e divulgar este comunicado.
Exixir aos seus parlamentos e gobernos as medidas anteriores.
Participar nas mobilizacións en toda Europa.
NON MÁIS INACCIÓN
As persoas participantes da Flotilla Global Sumud navegan cara Gaza debido á inacción dos gobernos e a resistencia civil intensifícase. Os gobernos enfrontan unha elección clara: cumprir o dereito internacional ou permanecer cómplices deste extermínio.
Pola liberación inmediata de todas as persoas secuestradas.
Polo fin do asedio a Gaza.
Pola xustiza e pola paz.
GLOBAL SUMUD GALIZA