Sábado, 23 de maior de 2026, de 11 a 14hs
Ubicación: Conxo (Santiago, mapa mixto)
Esta carreira de Orientación consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.
Podedes facer a vosa inscrición (ata 6 participantes por equipo), elexindo algunha das seguintes categorías:
- Xestiñas: categoría para nen@s, sinxela física e técnicamente (menos de 3kms en total).
- Xestas: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio (menos de 4kms en total).
- Xesteiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto (máis de 5kms en total).
* Se queredes participar individualmente debedes facer inscricións separadas.
* As saídas serán escalonadas (cada categoría sae en minutos distintos)
A organización facilitaravos unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas.