• Gaña unha praza para os Campamentos de Verán 2026

    Unha campaña para premiar ás familias que apoian ás pequenas empresas de Arteixo.Este verán, o comercio local pode levarte de campamento! Participa no sorteo de prazas semanais gratuítas para dous dos Campamentos organizados por empresas do CCA e vive unha experiencia única feita a medida das peques de Arteixo.
  • 🎟️ Como participar no sorteo?


    1️⃣ Fai unha compra
    Realiza unha compra en calquera das empresas asociadas a Arteixo CCA.
    📍 Consulta aquí o listado completo → EMPRESAS DO ARTEIXO CCA

    Serán válidos todos os tickets emitidos desde o 21 de marzo de 2026 ata as 12:00 h do 8 de xullo de 2026.

    2️⃣ Cubre este formulario
    Completa os teus datos e achega unha fotografía do ticket de compra.

    Cada ticket corresponde a unha única participación.

    Podes participar tantas veces como queiras utilizando tickets diferentes, aínda que unha mesma persoa poderá obter como máximo dúas prazas entre os distintos sorteos da campaña.


    3️⃣ Agarda ao sorteo
    📅 O sorteo celebrarase o 8 de xullo de 2026 ás 12:00 horas.

    Se resultas premiado/a, recibirás un correo electrónico co teu código e coas instrucións necesarias para formalizar a inscrición directamente coa entidade organizadora do campamento.


    🎁 Que se sortea?
    Nesta edición sorteamos 15 prazas gratuítas para campamentos de verán organizados por empresas asociadas a Arteixo CCA:

    12 prazas para Diverteixate.
    3 prazas para Enredarte.
    Arteixo CCA promove esta campaña e realiza o sorteo das prazas, pero non organiza nin xestiona os campamentos, función que corresponde exclusivamente ás entidades organizadoras.


    📌 Información importante
    ✔️ Só poden participar persoas maiores de idade.

    ✔️ As prazas están suxeitas á dispoñibilidade da entidade organizadora no momento de realizar a reserva.

    ✔️ Se xa tes contratada unha praza no campamento que che corresponda no sorteo, a entidade organizadora informarate do procedemento para a devolución do importe, se procede.

    ✔️ As prazas non inclúen servizos complementarios, como comedor, madrugadores, permanencias ou outros servizos opcionais, que deberán contratarse directamente coa entidade organizadora.

    ✔️ As prazas poderán cederse gratuitamente a outra persoa, pero non poderán venderse nin trocarse por diñeiro.


    📞 Tes algunha dúbida?

    ☎️ 608 54 90 11

    📧 cca@ccaarteixo.com

    📄 A participación nesta campaña implica a aceptación das bases legais, que podes consultar aquí.

  • Format: 000000000.
  • Upload a File
    Drag and drop files here
    Choose a file
    Cancelof
  • Preferencia de campamento (opcional)Se resultas premiado/a, tes preferencia por algún dos campamentos?*
  • No caso de resultar premiado/a*
  • Agora solicitamos o teu permiso para poder facer un uso adicional dos teus datos de contacto

    Queremos garantir o máximo respecto pola túa privacidade, polo que só realizaremos estas accións se nos dás o teu consentimento.

    De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle   de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é ARTEIXO CENTRO  COMERCIAL ABERTO, domicilio en RÚA MESTRE MATEO, Nº 10, BAIXO - 15142 ARTEIXO (A Coruña)  e correo electrónico cca@ccaarteixo.com


    1. Finalidade do tratamento: Os datos serán utilizados para prestar o servizo como  asociación de empresarios, así como a xestión administrativa derivada do mesmo. 

    PRAZO DE CONSERVACIÓN: os datos facilitados conservaranse mentres non se solicite a  supresión dos mesmos e en calquera caso mentres non transcorrese o prazo de prescrición de posibles accións de responsabilidade derivadas do tratamento. 

    2. Lexitimación: Este tratamento de datos persoais está lexitimado polo consentimento  que nos outorga coa firma da presente circular.  

     

    De non facilitarse parte da información solicitada podería resultar imposible prestarlle o servizo que desexa contratar a ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO.

     
    Para o envío de información comercial e uso de fotografías/vídeos, a lexitimación baséase no  seu consentimento. Por iso non poderemos utilizar os seus datos persoais con eses fins, salvo que  vostede marque a casa na que nos outorga o seu consentimento. 

  • ARTEIXO CCA / PUBLICIDADE: Necesitaremos o seu consentimento para enviarlle información sobre os nosos  servizos e promocións. Por favor, marque unha das casas en función de se desexa ou non recibir  a nosa información comercial.*
  • Should be Empty: