O Concello das Pontes organiza a sexta edición das Xornadas Micolóxicas "As Pontes, Terra de Cogomelos", co fin de potenciar a actividade micolóxica e micofílica na Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo é que as persoas interesadas nos fungos e cogomelos accedan a actividades que promoven o coñecemento dos aproveitamentos medioambientais, culturais, gastronómicos e económicos destes recursos naturais presentes en todos os hábitats galegos.
O programa está conformado por diversas actividades de balde e abertas a diversos públicos, nas que é imprescindible a inscrición previa a través do presente formulario.
Cóntase con prazas limitadas. Cada participante deberá enviar unha única solicitude de inscrición, enchendo unha soa vez este formulario. Os menores de idade deberán vir sempre acompañados dun representante legal. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación.
O feito de cubrir este formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte da organización a través do correo electrónico.
O programa inclúe as seguintes actividades:
- OBRADOIRO. Fotografía macro con teléfono móbil. Venres 2 de outubro, ás 18:30.
Imparte: Daniel Puente - Fotógrafo profesional.
- PASEO MICOLÓXICO e FOTOGRÁFICO. Identificación de especies para público adulto. Domingo 4 de outubro, ás 9:00.
Guiada por: Luis Cuba - Divulgador e youtuber micolóxico e Daniel Puente - Fotógrafo profesional.
- OBRADOIRO. Os cogomelos comestibles a través dos sentidos: aromas, texturas, cores e sabores. Venres 9 de outubro, ás 18:30.
Imparte: Antonio Díaz - Micogastrónomo.
- PASEO MICOLÓXICO PARA FAMILIAS. O bosque dos cogomelos. Domingo 11 de outubro, ás 9:30.
Guiada por: Rubén Villasenín e Miriam Miramontes - Asociación Amabul.
- OBRADOIRO. Microscopía micolóxica. Venres 23 de outubro, ás 18:30.
Imparten: María Cabaleiro e Hugo Fernández - MycoGalicia Plantae, Universidade de Vigo.
- EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA. Durante a Feira de Fungos e Cogomelos (sábado 31 de outubro e domingo 1 de novembro).
- PASEO MICOLÓXICO FAMILIAR. Preparación das cestas da Feira. Sábado 31 de outubro, ás 9:00.
Guiada por: Raquel Poncini e Pablo Cuadrado - Asociación Pan de Raposo.
- OBRADOIRO DE COCIÑA PARA PÚBLICO INFANTIL. Sábado 31 de outubro, ás 17:00. Durante a Feira de Fungos e Cogomelos, a cargo de Rafael Rivas - "Mellor cociñeiro de cogomelos de Galicia 2025", categoría doces.
- OBRADOIRO DE COCIÑA PARA PÚBLICO ADULTO. Sábado 31 de outubro, ás 19:00. Durante a Feira de Fungos e Cogomelos, a cargo de Fabián Rondón - "Mellor cociñeiro de cogomelos de Galicia 2025", categoría salgados.
- OBRADOIRO. CSI Cogomelos: Como investigar unha intoxicación micolóxica. Venres 6 de novembro, ás 18:30.
Imparten: Marisa Castro - Doutora en Micoloxía pola Universidade de Vigo e Francisco Xavier Martins - Médico. Membros do Grupo Micolóxico Galego Luis Freire.
- PASEO MICOLÓXICO PARA PÚBLICO ADULTO. Identificación técnica de especies. Sábado 14 de novembro, ás 9:00.
Guiada por: Antonio Díaz - Micogastrónomo.
- PASEOS MICOLÓXICOS PARA PÚBLICO ESCOLAR. Saídas de identificación quiadas pola Asociación Poupariña con todos os centros de educación primaria e secundaria das Pontes.
- XORNADAS FORMATIVAS DIRIXIDAS A PROFESIONAIS DA HOSTALERÍA LOCAL. Formación para a hostalería das Pontes.
- MICOGASTRONOMÍA: Marisco de monte. Nos establecementos colaboradores poderá degustarse menús, tapas e racións a base de cogomelos.
- Concurso de Fotografía Micolóxica. Prazo de participación aberto ata o 14 de outubro. Accede ás bases do concurso clicando AQUÍ.
- Concurso Micogastronómico de receitas a base de cogomelos dirixido a centros de hostelería de Galicia e cociñeiros/as profesionais. Prazo de participación aberto ata o 10 de novembro. Accede ás bases do concurso clicando AQUÍ.
- Concurso Micogastronómico de receitas a base de cogomelos dirixido a persoas afeccionadas. Prazo de participación aberto ata o 10 de novembro. Accede ás bases do concurso clicando AQUÍ.
Para realizar a inscrición a estas actividades, le atentamente e responde a todas as cuestións necesarias. Para calquera dúbida ou aclaración, podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico terradecogomelos@gmail.com ou por teléfono ao 604 047 337.