• Image-24
  • Formulario de reserva de praza

    Enche este formulario cos teus datos, no caso de menores cumplimenta cos seus datos e máis abaixo enchede os da persoa responsable. A matrícula faráse efectiva ao pagar o importe da matrícula (15€)
  •  / /
  • Condicións da matrícula


     

    Condicións da matrícula.

    Cada alumno/a paga unha única matrícula de 15€ que se pagará no momento de formalizar a matrícula, as mensualidades páganse a comezo de mes. Pódese pagar en efectivo, con tarxeta de crédito ou mediante PayPal na páxina web:
     www.paypal.me/xerpo Todas as materias impártense na Sala Ingrávida. A final de curso entrégase boletín de notas con observacións. O curso comeza en outubro e remata en xullo. Máis información en
    xerpo.com, por correo electrónico a
    xerpoteatro@xerpocultural.com ou por teléfono no (+34) 986 331 622.

    Dada a característica grupal das ensinanzas escénicas, é indispensable o compromiso de asistencia ás clases e ás representacións. En ningún caso se descontará o total ou parte da mensualidade por falta de asistencia do alumnado. As datas de actuacións especificadas no apartado de cada materia é fixa e figura na programación oficial da Sala Ingrávida, compre marcar esa data para evitar calquera contratempo. As actuacións de fin de curso na sala teñen un custe de 5€ e cada alumna/o ten dereito a un convite por día, podendo usar todos os convites que lle correspondan na mesma sesión. A escola de teatro ríxese polo calendario escolar de días lectivos e festivos. A falta de asistencia a calquera dos compromisos especificados nestas condicións poderá implicar o suspenso o curso.

     

    A persoa asinante cede a súa imaxe, ou a da persoa á que representa, a Xerpo Cultural S.L. para utilizar o material fotográfico e audiovisual que se xenere durante as actividades nas que participe con Xerpo Cultural SL en calquera tipo de recurso promocional e/ou artístico que a empresa considere por tempo indefinido, sen localización xeográfica definida, sen contemplar ningún tipo de contraprestación e sen máis límite que o contemplado na Lei Orgánica 1/85, do 5 de Maio, de Protección Civil ao Dereito á Honra, co obxecto de promocionar a escola de teatro ou as actividades de Xerpo Cultural, así como a Sala Ingrávida e as súas actividades. 

    Os datos persoais recibidos serán empregados unicamente para as fins relacionadas con Xerpo Cultural SL, a Sala Ingrávida e a Escola de Teatro de Xerpo e en todo momento respectarase o que sinala a Lei de Protección de Datos -Lei Orgánica 15/1999, de 13/XII, de Protección de Datos de Carácter Persoal e Real Decreto 994/1999, de 11/VI. Pode acceder, modificar ou eliminar estes datos en xerpoteatro@xerpocultural.com.

    Vantaxes

    As matriculadas teñen desconto nas entradas para os eventos organizados pola Sala Ingrávida, o desconto será de 2€ da entrada “xeral” cando a merquen na billeteira da sala. Non aplicable a outros descontos e/ou promocións.

    As matriculadas tamén teñen facilidades para o uso da Sala Ingrávida para ensaios e outras actividades sempre que o espazo non ocupado por outra actividade ou pola súa preparación, sempre que as actividades non vaian en contra das directrices de uso do espazo, que non atenten contra a propiedade e que non obteñan ningún beneficio directo.

    As matriculadas tamén terán acceso a todo o material fotográfico e audiovisual e poderán facer uso público e libre do mesmo sempre que se cite á Sala Ingrávida ou a Xerpo de maneira visible.

     

    Descrición das materias, horarios e datas


    Teatro Piccolo: Para nenos e nenas de 5 a 9 anos, unha viaxe teatral a través do xogo e dos estímulos máis axeitados segundo a idade do alumnado para sacar o máximo partido á súa expresividade. Traballo moi corporal e, contra o final do curso, vogal. Martes de 18h a 19:30h, 20€/mes. Mostra o 27 de Marzo e os días 5 e 6 de Xuño 

    Teatro Mezzo: Para nenos e nenas de 10 a 13 anos, coñecemento do propio corpo, da expresividade, e das súas posibilidades escénicas a través da interpretación dun texto curto a final de curso. Mércores de 18 a 19:30h, 25€/mes. Mostra o 27 de Marzo e os días 5 e 6 de Xuño.

    Teatro Premium: Para mocidade de 14 a 17 anos, un pequeno achegamento á interpretación do oficio teatral, como construcción da súa propia escenografía e preparación da caracterización do personaxe. Xoves de 18:30h a 20h, 25€/mes. Mostra o 27 de Marzo e os días 19 e 20 de Xuño

    Interpretación I: A partir dos 18 anos. Este primeiro ano de teatro para adultos ten como obxectivo quitar todos os medos escénicos e procurar a deshinibición, así como coñecemento da expresividade oral e corporal e de todo o necesario para interpretar unha obra teatral. Todo dende o punto de vista dos actores e actrices. Mércores de 20:30h a 22:30h, 30€/mes. Mostra o 27 de Marzo e os días 12 e 13 de Xuño.

    Interpretación II: A partir dos 18 anos e despois de superar Interpretación I, este curso céntrase na interpretación textual, en traballar nun personaxe, en debullalo ata chegar a comprender as súas palabras e as súas accións. Martes de 20:30h a 22:30h, 30€/mes. Mostra o 27 de Marzo e os días 26 e 27 de Xuño.

    Interpretación III: A partir dos 18 anos e despois de superar Interpretación II, este curso é un todo, é o primeiro curso no que o alumnado ten que pór en escena os coñecementos adquiridos durante os tres anos, o traballo sobre a obra escollida é máis persoal e o propio alumnado é o que fai o traballo de mesa para despois xustificalo en escena. Xoves de 19h a 21h, 30€/mes. Mostra o 27 de Marzo e os días *consultar programación da sala*

    Commedia dell’arte: A partir dos 18 e como complemento aos tres cursos de interpretación. Especialidade en teatro cómico italiano de mediados do s.XVI. Luns de 20:30 a 22:30h. Mostra o 27 de Marzo e os días *consultar programación da sala*

    Teatro Comunitario: A partir dos 18 anos e despois de superar os tres cursos de interpretación. Non é un curso de teatro, é un grupo de teatro comunitario. Este curso non ten custes, só o compromiso de asistir a todas as representacións que se programen. Xoves de 21:30h a 23h.

  •  
  • Should be Empty: