Language
  • Galician
  • Cursos urbanismo COAG-EGAP 2020

    Interese nos cursos
  • O itinerio formativo en urbanismo e ordenación do territorio está formado polo Curso de Técnico Superior de Urbanismo, actualmente en desenvolvemento, e unha serie de cursos de 40h, que teñen a consideración de módulos optativos para os alumnos do Curso Superior e que á vez poden cursarse de maneira independente.

    Este ano, convocarase un módulo sobre "Renovación urbana e rexeneración urbanística" e outro "Procedemento administrativo e contratación no ámbito do urbanismo". Ademáis, convocarase un terceiro, de temática todavía sen definir.

    Co obxectivo de pechar a temática deste terceiro módulo e aliñalo na maior medida posible coas vosas preferencias, e, ademáis, poder estimar o interese pola vosa parte sobre cada unha das materias propostas, pedímosvos que, antes do próximo venres 26 de xuño, os que esteades interesados en cursar algún destes módulos nolo trasladedes a través deste formulario.

    Formato, duración e datas

    Tendo en conta as circunstancias actuais, os módulos desenvolveranse en soporte on line. Cada un deles ten unha duración de 40 horas, das que 32 corresponden aos seminarios web e 8 a outras actividades propostas a desenvolver a través da plataforma de formación.

    Neste momento aínda non dispoñemos de datas pechadas, pero está previsto que se desenvolvan nos meses de outubro e novembro de 2020. A programación dos diferentes módulos farase de maneira que non sexan excluíntes entre eles, é dicir, que dita programación permita cursar más de un, se fose o caso.

    Prezos

    • Colexiados COAG subscritos ao servizo de formación, empregados públicos e alumnos que teñan cursado o Curso Superior de Urbanismo noutras edicións: 100 euros.
    • Colexiados COAG: 120 euros.
    • Ordinaria: 180 euros.

    Recoñecementos oficiais

    Todos estes cursos conta coa homologación da Escola Galega de Administración Pública, e forman parte do itinerario formativo do Curso Superior de Técnico de Urbanismo.

  • Esta enquisa de interese faise a fin de axustar e adecuar, na maior medida posible, a programación do curso(s) á demanda e preferencias dos alumnos. Para que isto funcione adecuadamente, é moi importante manifestes o teu interese só no caso de que vexas probable matricularche finalmente nel(es).

    Por favor, selecciona os cursos nos que estás interesado.

    Recibirás unha notificación no teu correo no momento no que se abra a matrícula deste curso, antes da difusión xeral a través das canles de comunicación do COAG.

  • Información básica protección de datos 

    Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Gestión del proceso inscripción en la actividad formativa. Legitimación: Cumplimiento de las funciones y deberes legalmente asignados al COAG, ejecución de un contrato. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamiento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar y suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en tratamiento de datos personales -http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=2&lang=es-

    Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/ aviso-legal

  • Should be Empty: