• Image field 47
  • Image field 103
  • Preferencias e demandas formativas COAG 2020-2021

  • O obxectivo deste cuestionario é coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, de cara a establecer a programación e contidos do plan de formación 2020-2021. Ademais, inclúense algunhas cuestións de tipo organizativo que nos resultan de gran utilidade para aliñar as modalidades, formatos, adicacións, etc., coas vosas preferencias. Coñecer as vosas opinións e preferencias resulta especialmente importante no contexto dos condicionantes impostos polas medidas para a prevención da COVID19.

    O cuestionario é anónimo. Moitas gracias pola túa colaboración.

  • Asistiches a algún curso organizado polo COAG este ano 2020?*
  • 1 | Liñas formativas

  • A formación propia do Colexio de Arquitectos pretende ser unha formación especializada nas materias que forman parte do ámbito competencial directo dos arquitectos; específicamente orientada, deseñada e dirixida a dar cobertura ás necesidades dos arquitectos de Galicia. Por este motivo, descártanse cursos de contido "xeneralista" e estandarizado, e plantéxanse temáticas deseñadas para dar respostas concretas ás particularidades do noso colectivo. A continuación, propoñemos unha serie de liñas formativas. No caso de que manifestedes que son do voso interés, podedes indicar os aspectos concretos que vos gustaría se desenvolvesen.

  • 1.1  Práctica profesional da arquitectura
  • Desenvolve diferentes temáticas relacionadas co exercicio profesional do arquitecto, cun enfoque práctico en forma de talleres, dirixidos, tanto a arquitectos que inician a súa actividade, como a aqueles que xa a iniciaron e desexan actualizar ou complementar os seus coñecementos.

  • En concreto, estarías interesado/a en matricularte nalgún dos seguintes cursos:
  • 1.2 | Metodoloxía BIM para arquitectos.
  • Orientada a coñecer ou afondar nos aspectos fundamentais da metodoloxía BIM: posibilidades, cualidades e potencialidades dos procesos BIM no sector da edificación. Tomar contacto coas principais ferramentas dixitais dispoñibles no mercado. Coñocer os aspectos clave para a implantación da metodoloxía BIM nun estudio de arquitectura.

  • 1.3 | Urbanismo e ordenación do territorio.
  • En concreto, estarías interesado/a en matricularte nalgún dos seguintes cursos:
  • 1.4 | Normativa da edificación e aforro enerxético.
  • Orientada a que o arquitecto coñeza, cun enfoque práctico, cales son as esixencias normativas da edificación. Solucións tanto para obra nueva como para intervencións en edificacións existentes. Inclúe ademais os diferentes aspectos relacionados co aforro enerxético na edificación: normativa de aplicación, ferramentas informáticas, criterios construtivos e de deseño, rehabilitación enerxética, etc.

  • En concreto, estarías interesado/a en matricularte nalgún dos seguintes cursos:
  • 1.5 | Tecnoloxía da construcción e rehabilitación.
  • En concreto, estarías interesado/a en matricularte nalgún dos seguintes cursos:
  • 1.6 | Construcción en madeira.
  • En concreto, estarías interesado/a en matricularte nalgún dos seguintes cursos:
  • 1.7 | Outros.
  • 2 | Aspectos organizativos das actividades formativas

  • Este ano, con motivo das limitacións derivadas da COVID19, desenvolvéronse no Colexio diversas actividades formativas en modalidade online. Estas actividades baséanse nunha metodoloxía de que combina os seminarios en liña, que se poden seguir en directo ou en diferido, con distintas actividades e recursos en moodle.coag.es (test de avaliación, documentación/gravacións, foros de resolución de dúbidas, utilidades, referencia,...), e permite así mesmo unha redución considerable nos prezos das matrículas para o colexiado. 

    Mentres estean vixentes as medidas sanitarias da COVID19, o COAG plantéxase seguir avanzando nesta metodoloxía formativa, introducindo novas posibilidades e melloras. Así, para o desenvolvemento dos cursos de actualización utilizaríase en xeral esta nova modalidade, complementando o formato en liña, cando sexa o caso, con actividades presenciais específicas relacionadas co curso (visitas a obra, determinados talleres, grupos de debate,...). Estas actividades presenciais complementarias terían, en xeral, carácter optativo para os matriculados nos cursos. 

  • 2.1 | En liñas xerais, estás dacordo co enfoque plantexado sobre a modalidade e metodoloxía das vindeiras actividades formativas?
  • 2.2 | Cal é adicación aproximada como alumno que consideras óptima para un curso de actualización?
  • 2.3 | Na actualidade, o COAG está a desenvolver, en colaboración coa EGAP, o Curso Superior de Técnico de Urbanismo; curso de especialización cunha duración de 350 horas. Estarías interesado en realizar algún curso de especialización destas características (duración + 80 horas) nalgunha outra materia concreta?
  • 2.4 | Para este tipo de cursos de longa duración,que modalidade formativa consideras máis adecuada?
  • 2.5 | Na túa opinión, un prezo de 3 euros/hora para actividades formativas on line é
  • Should be Empty: