Matrícula 2025-2026 (Novo alumnado)
  • Matrícula Curso 2025-2026

    O prazo de matrícula comeza o 23 de xuño ás 09:00 para o alumnado que se incorpora este vindeiro curso ás Escolas e tamén para o alumnado do Grao Profesional (Estudos Oficiais), tanto para os que teñen que facer as probas de acceso como para os que solicitan traslado de expediente (dende outros centros). Por favor, cubre os campos que aparecen a continuación:
  • Recomendamos visualizar a información e o formulario nun ordenador e non nun dispositivo móbil, xa que se poderá ver con máis claridade o proceso, aínda que non é imprescindible.

    Este proceso informático, que aforra as viaxes e tempo inherentes á matrícula presencial, durará aproximadamente 10 minutos.


  • Buscar archivos
    Cancelof
  • Ademais de matricularte na escola, podes facerte socio da Asociación Músico Crisanto.

    • Se estás empadroado nun dos nosos concellos (Rábade, Begonte, Outeiro ou Friol), podes colaborar coas nosas actividades cunha pequena cota (a partir de 25€/ano, cobrados a partir de 2026). 
    • Se non és veciño dun destes concellos, facerte socio (40€/ano, cobrados a partir de 2026) darache acceso á mesma tarifa reducida da que dispoñen as persoas empadroadas.
  • A matrícula só terá vixencia no momento en que sexa aboada a taxa correspondente

    Pasarase o recibo no número de conta que facilitades a continuación (do mesmo xeito que as mensualidades, unha vez iniciado o curso).
  • Prema na categoría que desexe para ver a oferta de materias correspondente

    • Instrumentos 
    • Infantil (Música e movemento) 
    • O alumnado menor de sete anos, que aínda non escolleu instrumento, inicia a sua aventura musical en Música e Movemento. Podedes escoller un dos seguintes grupos:

    • Agrupacións 
    • Un gran número de clases grupáis ofértanse en horario a determinar, pendentes de coñecer o número de interesados para valorar a súa viabilidade e consensuar horarios.

    • Outras materias grupais e teóricas 
    • Cursos do Grao Profesional (Estudos Oficiais) - Proba de acceso 
    • Se desexa inscribirse no Grao Profesional ou na proba de acceso para acceder a un dos cursos, seleccione o curso correspondente na lista. Tamén deberá seleccionar o instrumento correspondente no menú de arriba, para así poder reservar unha proposta de horario. Se ten consultas sobre o proceso, non dubide en contactar connosco.

  • Linguaxe Musical

  • Os grupos de Linguaxe Musical son fixos e obrigatorios para todos os inscritos nun instrumento na Escola de Música, a menos que estean inscritos en Música e Movemento ou xa recibisen a mesma formación, convalidable, noutro centro.

    O alumnado do Grao Profesional (conservatorio), deberá escoller a opción correspondente: "Materias Teóricas Grao Profesional".

    Os alumnos que comenzades este curso, tedes que asistir as Linguaxe Musical Básica, se tedes outro nivel ou idade, o profesor vaino avaliar durante as primeiras clases e vos recolocará nun grupo máis axeitado.

    Seleccione o grupo de Linguaxe que lle corresponda (ou un motivo de exención):

  • Aceptación de tarifas e condicións, que foron actualizadas para o curso 2025/2026.

    Ademais, segundo a lexislación vixente, debemos preguntar se aceptas o uso que facemos da imaxe e dos datos do alumnado, que obviamente só se empregarán para os fins didácticos e divulgativos das nosas Escolas e nunca con ningún outro obxectivo.
  • Image-93
  • Image-127
  • RESUMO DAS TARIFAS (empadroados e socios):

    Matrícula: 15€

     

    1h individual (+1h Linguaxe): 63€/mes

    Media hora individual (+1h Linguaxe): 43€/mes

    1h compartida entre 2 (+1h Linguaxe): 43€/mes

    1h compartida entre 3 (+1h Linguaxe): 28€/mes

    Clases grupais (4 ou máis persoas): 23€/mes

    Coro: 17€/mes (sen prezo de matrícula)

    Agrupacións: 2€/mes [Non serán acumulables, no caso de asistir a máis dun destes, só se aboará o primeiro en que se inscriba. As persoas participantes xa aptas para as actuacións públicas externas (fóra das audicións escolares) estarán exentas desta cota].

    Grao Profesional (Estudos Oficiais):

    25€ Taxa para a Proba de Acceso

    95€/mes para 1º e 2º.

    110€/mes para 3º e 4º

    120€/mes para 5º e 6º

     

  • Se tiveses algún problema con algunha das tres condicións, non dubides en contactar coa Asociación.

  • DESCONTO POR FAMILIA NUMEROSA

  • Buscar archivos
    Cancelof
  • Escolla da proposta de horarios individuais

    Fai a túa proposta de horarios para as materias que escolliches. Na maioría dos casos, os tramos son de MEDIA HORA. Ten en conta que, para reservar unha clase dunha hora, terás que seleccionar DOUS dos tramos. Se non queda ningún horario libre, envía o formulario igualmente apuntándose en "Lista de espera". Contactaremos contigo para posibles ampliacións.
  • Cando escollas un tramo horario, quedará reservado e non poderá ser escollido por outro alumno. Se non quedan horas libres, podes apuntarte en lista de espera, non se cobrará matrícula e terás prioridade se se abriran novos horarios.

  • Para percusión, só quedada dispoñible un tramo dunha hora completa.

  • Os horarios individuais de Percusión para o Grao Profesional organizaranse máis adiante en función da demanda. Pode indicar a súa preferencia horaria no campo "indique algún horario alternativo"

  • Os horarios individuais de Trompa para o Grao Profesional organizaranse máis adiante en función da demanda. Pode indicar a súa preferencia horaria no campo "indique algún horario alternativo"

  • Os horarios individuais de Outras especialidades de corda no Grao Profesional organizaranse máis adiante en función da demanda. Pode indicar o instrumento concreto e a súa preferencia horaria no campo "indique algún horario alternativo"

  • A Proba de Instrumentos organizarase ma principios de curso para que o alumnado coñeza os instrumentos que pode escoller. De momento, pode indicar a súa preferencia horaria para as futuras clases no campo "indique algún horario alternativo"

  • Listo! Este é o final do formulario de matrícula.

     

    Se ao premer "enviar" ocorre un erro, o máis probable é que un dos horarios que escolleu xa estea reservado. Por favor, revíseo e escolla outro horario que estea libre.

    Lembre tamén que é obrigatorio cubrir o campo "Indique algún(s) horario(s) alternativo(s).

  • Should be Empty: